1. ¿QUE IMOS PLANTAR?

Cando decidimos facer unha horta chega o momento de decidir que plantar.

¡Hai tantas posibilidades! ¿Como decidir?

Temos que atopar uns criterios para escoller.

No noso caso temos unha limitación clara: a duración do curso escolar. Comezamos na metade de setembro e rematamos a finais de xuño. Iso quere dicer que nos saltamos unha estación que suele ser importante para as hortas: o verán.

Pero non pasa nada, podemos aproveitar a nosa horta no resto das estacións. Para facer isto temos que escoller plantas que teñan un ciclo de vida que se poda desenvolver entre o outono e a primavera.

A ser posible escolleremos plantas cun ciclo corto (é dicir que crezan rápido) para que no curso escolar nos de tempo a plantalas, velas crecer e recollelas.

A poroposta é que fagamos dúas plantacións:

- Unha de outono inverno, plantando en outubro e recollendo ata o principio da primavera. Poden ser: engadir plantas
- Outra de primavera, que plantaremos canto antes para que as plantas completen o seu ciclo antes de que cheguen as vacacións. Poden ser: engadir plantas

Para tomar as decisións temos que ter en conta o clima da nosa zona para ver que plantas se adaptarían ben a esas condicións.

Quizais vai ser necesario que falemos con agricultores e agricultoras da zona. Son as persoas que saben mellor os vexetais que crecen mellor coas nosas condicións climáticas.

Tamén teremos que ter en conta a calidade do noso solo, pero tamén é certo que imos facer todo o posible por mellorar a súa fertilidade.

Hai outro factor a ter en conta. Entre as plantas que escollamos temos que incluir aquelas que son autóctonas, é dicir, aquelas que son propias dos solos e do clima de Galicia. Estas plantas van necesitar menos cuidados porque non teremos que facer un traballo extra para proporcionarlles as condicións que teñen no seu clima orixinal.

Este é o caso das seguintes plantas: engadir plantas

ABONOS VERDES

Tamén temos que pensar se queremos plantar algunhas plantas que non sexan para consumir, senon para enriquecer o solo. Falamos delas no apartado da fertilización ¿lembralo? Son os chamados abonos verdes.