Dálle marcha!

Presentamos unha mostra de canto de reis recollida en Albixoi (Mesía, A Coruña):

Canto de reis de Albixoi
canto de reis de Albixoi

1. Cantámosche os reises
canela de cabra
cantámosche os reises
non nos deche nada.
2. [Aquí hai mociñas]
que ghastan refaixo
que nos han de dar-e
do que tran por baixo.
3. Aquí hai mociñas
que ghastan salero
que nos han de dar-e
o viño no xerro.

A partitura foi simplificada. A orixinal, transcrita por Sergio de la Ossa pódela atopar aquí.
 
Escoita a versión recollida:
Canto de nadal de Albixoi
APOI-Museo do Pobo Galego, ID#122Intérprete: Manuela das Forcadas. CC BY NC 2.5