Section outline

  • Curso:

    Proxectos integrados de investigación, tratamento e divulgación da información.

    • Algúns materiais de interese:

    • Introdución
    • Este curso é unha secuencia didáctica para aprender, adestrarse e desenvolver Proxectos de Investigación, Tratamento e Divulgación da Información. Contén os elementos útiles para achegarnos ao mundo dos proxectos e, concretamente, aos proxectos que teñen como compoñente destacado a investigación documental. Está deseñado para que nos acheguemos de forma paulatina a este tipo de proxectos, ensaiando as nosas habilidades e desenvolvendo, á par que avanzamos, un proxecto ITI.
  • Definimos.

    • introduciónIntrodución
    • Partindo dunha proposición inicial, dun problema ou dunha necesidade que pretendemos resolver; o primeiro que teremos que facer é definir correctamente o que se nos pide. Estudaremos o problema desde diferentes puntos de vista para conseguir unha proposta que arrinque o proxecto. A proposta constará do obxectivo do proxecto e dos condicionantes cos que teremos que traballar. Nesta fase de definición estudaremos os recursos de información que temos ao noso alcance e que nos poden axudar no labor investigador do proxecto.
    • contidosContidos

    • tarefasTarefas

    • ampliaciónAmpliación


    • comunicaciónComunicación

  • Deseñamos.

    • introduciónIntrodución
    • No deseño definiremos completamente o produto co que pretendemos acadar o obxectivo do proxecto, e solucionar así o problema que lle dou orixe. Trátase dun progresivo achegamento dende as ideas máis superficiais ata a idea grupal que se desenvolverá. Mediante a planificación prepararémonos para executar convenientemente o produto deseñado.
    • contidosContidos
    • tarefasTarefas
    • ampliaciónAmpliación
    • comunicaciónComunicación
  • Buscamos e analizamos.

    • introduciónIntrodución
    • Para poder crear o produto deberemos valorar que tipo de información necesitamos, en que fontes a podemos atopar e en que localización están esas fontes. Realizaremos unha busca sistemática encamiñada a seleccionar a información desexada e rexistrala. Nunha segunda fase analizaremos esta información e a prepararemos para que se poida empregar na execución do produto.
    • contidosContidos
    • tarefasTarefas
    • ampliaciónAmpliación
    • comunicaciónComunicación
  • Creamos e Divulgamos.

    • introduciónIntrodución
    • Seguindo a planificación, e empregando o resultado do análise da información, procedemos a executar ou crear o noso produto, mediante a realización da secuencia lóxica de tarefas que se recolle no planning. Levaremos un diario de traballo e un rexistro de tarefas co obxectivo de detectar os avances e os problemas que poden, e deben, levar á realización de modificacións e a reprogramar o proxecto. O produto cumprirá o seu obxectivo como resultado final do proxecto cando sexa divulgado convenientemente, segundo as características propias do mesmo.
    • contidosContidos
    • tarefasTarefas
    • ampliaciónAmpliación
    • comunicaciónComunicación
  • Avaliamos.

    • introduciónIntrodución
    • A avaliación é a etapa final do proxecto, onde o valoramos, valoramos o produto como resultado do mesmo, o traballo en grupo e a achega individual de cada membro e do/a profesor/a. O obxectivo é poñer en valor o traballo e a evolución do proxecto, comprobar que se cumpriu o encargo, ser conscientes das propias aprendizaxes e prepararse, axudando tamén a outros, para novos proxectos de calquera tipo.
    • contidosContidos
    • tarefasTarefas
    • ampliaciónAmpliación
    • comunicaciónComunicación
  • Para rematar...
  • Licenza
    • Manuel Torres Búa. 2015

      Logotipo Creative Commons BY SA.

      Este obra está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñecemento CompartirIgual 4.0 Internacional.

      Esta obra realizouse cunha licenza de formación remunerada de acordo coa Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se convocan licenzas por
      formación para o curso 2015/16 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

      Logo Consellería CDEOU.


      Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

      Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente.
  • Recursos para profesBloque sempre oculto