Section outline

  • Benvida e benvido ao proxecto LEOCOM!!

    LEOCOM significa LEO e COMPRENDO polo que o obxectivo que pretendemos acadar con el é que mellores a túa comprensión lectora dun xeito ameno e significativo.

    Nel atoparás 12 paquetes de actividades vencelladas a un interesante texto. Podes seguir a orde que che propopoñemos ou ir facendo segundo che apeteza.

    En cada un atoparás a lectura nun documento para descargar e as actividades interactivas EDILIM.

    Moitas tarefas poderás facelas de xeito individual e noutras terás que realizar unha posta en común coas túas compañeiras e compañeiros.

    Como poderás ver nas lapelas superiores de cada paquete de actividades, estas veñen clasificadas en:

    ⦁    Antes de ler

    ⦁    Mentres les

    ⦁    Despois de ler

       Agardamos que che gusten e que mellores moito a túa comprensión lectora!

    Este Proxecto foi creado por Verónica Blanco Quintás e Mª Luisa Lodeiro Matalobos, durante unha licenza por Formación de Modalidade 2 da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e baixo licenza .