Section outline

  • Logotipos da Xunta de Gañicia, do CAFI e de Platega.

    FrechasA mediación escolar representa unha forma alternativa de abordar os conflitos. Pouco a pouco algúns centros están iniciándose no proceso de implantación deste servizo. Este curso pretende axudar a adquirir, os/as responsables do servizo de mediación,  das competencias científicas, intra e interpersoais, didácticas, organizativas e de xestión necesarias para organizar este servizo. Con esa finalidade o curso está organizado en tres bloques:

    1. Bloque I: analiza o marco teórico e lexislativo, que  apareceu nos últimos anos, co obxectivo de abordar a conflitividade nos centros educativos e sobre a necesidade de educar na xestión pacífica dos conflitos.
    2. Bloque II: presenta o fluxo de actuacións que é necesario activar para a creación dun servizo de mediación nun centro educativo : análise da convivencia no centro, sensibilización da comunidade educativa, integración nos plans do centro, selección e formación do equipo mediador, coordinación, seguimento e avaliación do servizo.
    3. Bloque III: ofrece un banco de materias e recursos para un servizo de mediación escolar.