Introdución a Moodle e videoconferencia: Curso online
Section outline
-

Este curso está deseñado para ter un primeiro acercamento á aula virtual Moodle da EOI de Vigo e videoconferencia desenvolvendo as tecnoloxías informativas e comunicativas relacionadas coa plataforma e con videoconferencias. -
Temporalización xeral e outros datos de interese.
-
Nesta zona atoparás información e ferramentas que usaremos ao longo de todo o curso. Consúltaa cando sexa necesario.-
Arquivos para baixar
-
-

Esta é unha sección importante para comezar a coñecernos. Por favor, non esquezas presentarche ao noso grupo de aprendizaxe. Isto é un requisito moi importante para facer as actividades online menos impersoais e máis reais e cordiais. Por favor, tamén inclúe unha foto no teu perfil para que os intercambios entre os/as participantes sexan tan parecidos coma sexa posible aos encontros cara a cara.
Folla de ruta: Para presentarvos, entrade no foro clicando na etiqueta “Foro de presentacións”. Logo, clicade en “Engadir un novo tema de discusión” e poderades escribir unha mensaxe de saúdo. O "Foro de dúbidas" servirá para plantexar os problemas que teñades durante o curso e pode ser respondido tanto polos/as docentes como polos/as participantes.
Para incluír unha foto no voso perfil, ide á columna da esquerda, á sección abaixo que di “Configuración do meu perfil”. Alí atoparedes “Editar o perfil” e despois na nova páxina ides abaixo tamén ata “Imaxe do usuario” e clicando alí poderedes subir unha foto, elixindo na nova xanela “Seleccionar arquivo” e abrindo o arquivo de imaxe que tedes no voso computador. Non vos esquezades de premer o botón abaixo de todo que di “Actualizar o perfil” para que se manteñan os cambios.
-
Preséntache e saúda á comunidade educativa.
-
-

Para coñecer as vosas necesidades e inquietudes con respecto aos temas que trataremos neste cursos, pedímosvos que completedes a enquisa que aparece abaixo.
Baseándonos nas vosas respostas, intentaremos dar forma a este curso con actividades apropiadas.
-
Neste módulo veremos como crear un curso básico e tamén como restaurar o curso modelo de metaformadores que xa ten unhas pautas para traballar nel. Despois estudaremos algunhas das ferramentas de recursos e por último, veremos algunhas das actividades posibles para utilizar en Moodle.Folla de ruta para crear e restaurar un curso: Para crear un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Tamén podedes suplementar as nosas instrucións coas de Webs Dinámicas que explican en profundidade cada concepto e cos vídeos que son moi curtos. Para restaurar un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo.
Unha vez que lestes as nosas instrucións básicas, podedes ir ver os dous modelos que abrimos debaixo deste curso e nos que vos inscribimos para que vexades as configuracións, tanto a básica de Moodle, como o modelo proposto por metaformadores, que tedes na copia de seguranza para restaurar. Con estes dous modelos de cursos, podedes ver e elixir o que máis se adapte ás necesidades do voso alumnado. Así mesmo, podedes usar estes cursos para facer as probas que queirades porque vos inscribimos como profesores/as.
A dobre opción, entón, que poñemos á vosa disposición é crear o voso curso dende cero ou restaurar o de metaformadores. Ese curso será considerado a tarefa final deste módulo, pero tamén, como práctica, podedes modifícalo con pequenos cambios no deseño do curso mesmo, e inclusión de recursos e actividades, que serán as instrucións que daremos a continuación.
Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de recursos: Para engadir algúns recursos, é dicir, contidos que o alumnado pode ver, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide os recursos que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealos nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.
Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de actividades: Para engadir algunhas actividades, ou sexa, elementos interactivos de accións que o alumnado ten que facer, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide as actividades que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealas nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.
-
Aquí atoparedes información sobre videoconferencia.-
A plataforma de videoconferencia que a Consellería de Educación activou para o profesorado galego durante a crise da Covid-19 é Cisco Webex, no enderezo https://eduxunta.webex.com . Estás dado de alta? Sabes como acceder?
-
Titoriais (texto e vídeo) dispoñíbeis para aprender a usar Webex no EspazoAbalar.
-
Hai aplicacións para todos os sistemas, agás para Linux, onde se utiliza nun navegador.
-
Velaquí tedes os contidos do ao segundo módulo deste curso, no que exploraremos a ferramenta de videoconferencia. Centrarémonos na plataforma Webex, intentando reflexionar sobre o seu potencial para fomentar a interactividade en liña co alumnado, así como nos diferentes métodos para integrala na nosa práctica docente.
-
Para os problemiñas de conexión de audio de Training
-


"Introdución a Moodle e videoconferencia: Curso online"
por Alicia GilLaura TorradoDionisio Martínez Solerpublícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.