Como usar Webex en diferentes aparellos e sistemas operativos
Requisitos de finalización
Aplicacións dispoñíbeis para diferentes sistemas operativos:
- Ordenador con Windows ou Mac: accede a eduxunta.webex.com, procura "Aplicación de escritorio Cisco Webex" e dalle ao botón "Descargar".
- Móbiles e tablets: accede a eduxunta.webex.com, procura "Aplicación móvil Cisco Webex" e dalle ao botón correspondente ao sistema operativo do teu móbil ou tablet (hai para Android e para Mac iOS).
- Ordenador con Linux: non hai aplicación nativa, ten que se utilizar nun navegador actualizado á versión máis recente (Firefox ou Chrome/Chromium). O Espazo Abalar publicou recentemente unha versión de Chrome optimizada para usar con Webex e un videotitorial para a súa instalación (aínda que indique que é para equipos E-DIXGAL, funciona en calquera distribución de Linux).
Última modificación: viernes, 15 de mayo de 2020, 16:06