Section outline

  • FrameLogo EOIEste curso está deseñado para ter un primeiro acercamento á aula virtual Moodle da EOI de Vigo e videoconferencia desenvolvendo as tecnoloxías informativas e comunicativas relacionadas coa plataforma e con videoconferencias. 

  • InformámonosNesta zona atoparás información e ferramentas que usaremos ao longo de todo o curso. Consúltaa cando sexa necesario.


  • Imaxes simbólicas dos usuarios

    Esta é unha sección importante para comezar a coñecernos. Por favor, non esquezas presentarche ao noso grupo de aprendizaxe. Isto é un requisito moi importante para facer as actividades online menos impersoais e máis reais e cordiais. Por favor, tamén inclúe unha foto no teu perfil para que os intercambios entre os/as participantes sexan tan parecidos coma sexa posible aos encontros cara a cara.

    Folla de ruta: Para presentarvos, entrade no foro clicando na etiqueta “Foro de presentacións”. Logo, clicade en “Engadir un novo tema de discusión” e poderades escribir unha mensaxe de saúdo. O "Foro de dúbidas" servirá para plantexar os problemas que teñades durante o curso e pode ser respondido tanto polos/as docentes como polos/as participantes.

    Para incluír unha foto no voso perfil, ide á columna da esquerda, á sección abaixo que di “Configuración do meu perfil”. Alí atoparedes “Editar o perfil” e despois na nova páxina ides abaixo tamén ata “Imaxe do usuario” e clicando alí poderedes subir unha foto, elixindo na nova xanela “Seleccionar arquivo” e abrindo o arquivo de imaxe que tedes no voso computador. Non vos esquezades de premer o botón abaixo de todo que di “Actualizar o perfil” para que se manteñan os cambios.

  • Brújula

    Para coñecer as vosas necesidades e inquietudes con respecto aos temas que trataremos neste cursos, pedímosvos que completedes a enquisa que aparece abaixo. 

    Baseándonos nas vosas respostas, intentaremos dar forma a este curso con actividades apropiadas.

  • Old booksNeste módulo veremos como crear un curso básico e tamén como restaurar o curso modelo de metaformadores que xa ten unhas pautas para traballar nel. Despois estudaremos algunhas das ferramentas de recursos e por último, veremos algunhas das actividades posibles para utilizar en Moodle.

    Folla de ruta para crear e restaurar un curso: Para crear un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Tamén podedes suplementar as nosas instrucións coas de Webs Dinámicas que explican en profundidade cada concepto e cos vídeos que son moi curtos. Para restaurar un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo.

    Unha vez que lestes as nosas instrucións básicas, podedes ir ver os dous modelos que abrimos debaixo deste curso e nos que vos inscribimos para que vexades as configuracións, tanto a básica de Moodle, como o modelo proposto por metaformadores, que tedes na copia de seguranza para restaurar. Con estes dous modelos de cursos, podedes ver e elixir o que máis se adapte ás necesidades do voso alumnado. Así mesmo, podedes usar estes cursos para facer as probas que queirades porque vos inscribimos como profesores/as.

    A dobre opción, entón, que poñemos á vosa disposición é crear o voso curso dende cero ou restaurar o de metaformadores. Ese curso será considerado a tarefa final deste módulo, pero tamén, como práctica, podedes modifícalo con pequenos cambios no deseño do curso mesmo, e inclusión de recursos e actividades, que serán as instrucións que daremos a continuación.

    Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de recursos: Para engadir algúns recursos, é dicir, contidos que o alumnado pode ver, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide os recursos que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealos nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.

    Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de actividades: Para engadir algunhas actividades, ou sexa, elementos interactivos de accións que o alumnado ten que facer, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide as actividades que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealas nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.

  • VideoconferenciaAquí atoparedes información sobre videoconferencia.

  • Licenza

    Licencia de Creative Commons
    "Introdución a Moodle e videoconferencia: Curso online"
    por Alicia Gil
    Laura Torrado
    Dionisio Martínez Soler
    • Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

      Créditos de propiedade

      Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados [2], dereitos reservados que manteñen integramente. Se detectas algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos informen para retirala.

      As suxestións,, comentarios,  propostas de mellora deste curso... son ben recibidas.