Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL
| Title | Movendo a lingua #1 - Coñece o proxecto colaborativo sobre música e poesía |
| Summary | Este é o primeiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Laura, Nuria e Sabela, tres alumnas que forman parte do EDLG da EOI de Lugo, entrevistan na biblioteca escolar a Ana Belén López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo, e José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo, para coñecer polo miúdo este proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:05 |
| Last updated | lundi 19 mai 2025, 13:05 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #2 - Como se musicaron os poemas? |
| Summary | Este é o segundo episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio entrevistamos a tres profesoras e profesores do CMUS Xoán Montes de Lugo (Henar Matesanz, Borja Durán e Moisés López) para saber como foron musicados os poemas escollidos do tendal. Este podcast foi gravado na biblioteca escolar da EOI de Lugo, contou coa colaboración de alumnado voluntario do EDLG na EOI de Lugo e foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:06 |
| Last updated | lundi 19 mai 2025, 13:06 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #3 - Entrevista á poeta Pilar Pallarés |
| Summary | Este é o terceiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste e nos seguintes episodios do podcast compartiremos entrevistas con poetas galegas cuxos poemas penduraron do noso Tendal da poesía e foron logo escollidos para seren musicados e interpretados polo profesorado e alumnado do conservatorio ou formaron parte das Pílulas curativas elaboradas na nosa Botica da Lingua. Nesta ocasión, entrevistamos a Pilar Pallarés. O seu poema “Neno palestino con gato despois do bombardeo. Dunha foto de prensa” púidose escoitar en recitación multilingüe seguido da música composta para el no auditorio municipal Fuxan os Ventos no acto de clausura do proxecto o día 5 de maio. Aquí o poema recitado pola propia Pilar Pallarés e esta música pódense escoitar ao final do episodio. A entrevista foi gravada na biblioteca escolar da EOI de Lugo, grazas á colaboración de Maite Herrero, alumna do centro. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:07 |
| Last updated | mardi 27 mai 2025, 22:49 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #4 - Entrevista á poeta Nieves Neira |
| Summary | Este é o cuarto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, Henar Matasanz, profesora do CMUS, entrevista a Nieves Neira. Un dos seus poemas foi parte das pílulas curativas para “quentar o corazón”, e a música que procuraron para el no conservatorio é unha composición de Anselmo González del Valle, “Tres Transcricións Galegas, Op.31: Muiñeira de Montes”, interpretada ao piano por Antonio Queija Uz. Pero, ademais, outro dos seus poemas foi escollido no tendal da poesía e musicado pola propia Henar Matasanz. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. Este podcast foi froito dunha colaboración coa biblioteca escolar da EOI de Lugo e foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:10 |
| Last updated | lundi 19 mai 2025, 13:10 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #5 - Entrevista á poeta Eva Teijeiro |
| Summary | Este é o quinto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, entrevistamos a Eva Teixeiro. O seu poema “Bicos” foi parte das pílulas curativas "para cando sintas a lingua”, e a música que procuraron para el no conservatorio é “Na Eira”, do Gaiteiro de San Xusto, arranxada por Bruno Villamor Gay e Germán Díaz e interpretada polo propio Germán Díaz e José Ramón Saborido. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. A entrevista foi realizada na biblioteca escolar da EOI de Lugo e contou coa colaboración de Montse Villar, alumna do centro. Foi editada por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:08 |
| Last updated | lundi 19 mai 2025, 13:08 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #6 – Entrevista á poeta Lucía Novas |
| Summary | Este é o sexto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, entrevistamos a Lucía Novas. O seu poema foi parte das pílulas curativas “para ter un día feliz”, e a música que procuraron para el no conservatorio é o 2º movemento 'Andante' da Sinfonía núm. 2 "En las montañas de Galicia", unha composición de Andrés Gaos interpretada pola orquestra sinfónica de Galicia baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. A entrevista foi realizada na biblioteca escolar da EOI de Lugo e contou coa colaboración de Nuria Méndez, alumna do centro. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Created | lundi 19 mai 2025, 13:11 |
| Last updated | lundi 19 mai 2025, 13:11 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #7 – Entrevista ao poeta Xulio L. Valcárcel |
| Summary | Este é o sétimo episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Nesta ocasión a alumna da EOI Loida Rodríguez entrevista ao poeta, ensaísta e narrador Xulio L. Valcárcel. O seu poema “Outro poema dos dons” pendurou do noso Tendal da lingua na EOI de Lugo e no CMUS Xoán Montes. Ao final podedes escoitar ao autor recitar o poema escollido para o Tendal. |
| Media file | |
| Created | mardi 20 mai 2025, 13:12 |
| Last updated | mardi 27 mai 2025, 22:52 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #8 - Entrevista á poeta Patricia Meira |
| Summary |
Este é o oitavo episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. A alumna da EOI Sabela Pérez entrevista á poeta e dramaturga Patricia Meira. O seu poema da colección A Antártida Medía 1,72 pendurou do noso Tendal da lingua na EOI de Lugo e no CMUS Xoán Montes. Ao final podedes escoitar o poema recitado pola profesora da EOI Alma López.
|
| Media file | |
| Created | mardi 27 mai 2025, 22:59 |
| Last updated | mardi 27 mai 2025, 22:59 |
| Tags | |
| Affichage |
| Title | Movendo a lingua #9 – Entrevista á poeta Marica Campo |
| Summary | Este é o noveno episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. O alumno da EOI Miguel Pérez entrevista á poeta Marica Campo. O seu poema “Oda á filloa” foi escollido na Escola oficial de idiomas para ser logo musicado no Conservatorio de música Xoán Montes e o día 5 de maio púidose escoitar a música composta para el no auditorio Fuxan os Ventos. O poema recitado pola propia Marica Campo e a música podedes escoitalos ao final do podcast. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo e por Ana B. López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo. |
| Media file | |
| Created | jeudi 5 juin 2025, 11:25 |
| Last updated | jeudi 5 juin 2025, 11:25 |
| Tags | |
| Affichage |