标题 Movendo a lingua #9 – Entrevista á poeta Marica Campo
概要

Este é o noveno episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. O alumno da EOI Miguel Pérez entrevista á poeta Marica Campo. O seu poema “Oda á filloa” foi escollido na Escola oficial de idiomas para ser logo musicado no Conservatorio de música Xoán Montes e o día 5 de maio púidose escoitar a música composta para el no auditorio Fuxan os Ventos. O poema recitado pola propia Marica Campo e a música podedes escoitalos ao final do podcast. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo e por Ana B. López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo.

媒体文件
时长 18分22秒
发布 2025年06月5日 星期四 11:25
最近更新 2025年06月5日 星期四 11:25
总观看量 14
标签