Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Title | Movendo a lingua #3 - Entrevista á poeta Pilar Pallarés |
| Summary | Este é o terceiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste e nos seguintes episodios do podcast compartiremos entrevistas con poetas galegas cuxos poemas penduraron do noso Tendal da poesía e foron logo escollidos para seren musicados e interpretados polo profesorado e alumnado do conservatorio ou formaron parte das Pílulas curativas elaboradas na nosa Botica da Lingua. Nesta ocasión, entrevistamos a Pilar Pallarés. O seu poema “Neno palestino con gato despois do bombardeo. Dunha foto de prensa” púidose escoitar en recitación multilingüe seguido da música composta para el no auditorio municipal Fuxan os Ventos no acto de clausura do proxecto o día 5 de maio. Aquí o poema recitado pola propia Pilar Pallarés e esta música pódense escoitar ao final do episodio. A entrevista foi gravada na biblioteca escolar da EOI de Lugo, grazas á colaboración de Maite Herrero, alumna do centro. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Duration | 35 minutes 47 seconds |
| Created | lunedì, 19 maggio 2025, 13:07 |
| Last updated | martedì, 27 maggio 2025, 22:49 |
| Total views | 38 |
| Tag | |