Marzo

Marzo

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Ola a tod@s!

Cun retraso considerable, envío o informe das tarefas que fomos traballando na aula durante o pasado mes.

Fixemos algúns exercicios do Proxecto Artello, tanto de léxico coma de ortografía. Podedes aproveitalos todos, xa que están pendurados na aula virtual e tamén o seu solucionario. Se, alén disto, tedes calquera dúbida podedes consultarme tanto na nas aulas como respondendo a este "post" (probade, para saber eu se funciona).

Tamén traballamos sobre fotocopias: os plurais, o xénero, contraccións...

Outro recurso empregado é a páxina de ogalego.eu, moi recomendable.

Tamén fixemos, e seguimos a facer, varias das probas de exame Celga, tanto escritas coma orais. Quen non poida vir a clase pode elaboralas e facérnolas chegar para a súa corrección.

Polo que respecta ao "libro de texto", seguímolo en poucas ocasións e seleccionando a información máis pertinente. Porén, é un material interesante que vos recomendo consultar. Polo menos, e polo de agora, as seis primeiras unidades.

O alumnado vai diminuíndo conforme pasan os días, algúns con xustificación, mais calquera de vós sodes benvid@s para formular as dúbidas ou suxestións que precisedes.

Ánimo e boa aprendizaxe!

Isabel