Neste primeiro mes comezamos con presentacións, coa axuda dunhas fotocopias que inclúen, entre outros datos interesantes, o presente do verbo SER. Achego os documentos para os que non puideron asistir.
Tamén fixemos unha proba de exame. Intentádeo, é un bo exercicio. Mais non vos asustedes se houber moitos erros... estamos comezando!
Como tarefa, probamos tamén co anterior exame. Canto máis practiquedes, mellor.
Así mesmo, vimos o tema 1 do libro de texto e algúns exercicios de vocabulario. Poñereivos as solucións para quen queira traballalos máis en profundidade.
Moito ánimo!