Laba diena!
Durante a presentación do programa de alfabetización mediática e informacional da Biblioteca Pública Ieva Simonaityte do Condado de Klaipeda (Lituania), comentáronnos algunhas actividades interesantes para promover hábitos de verificación e combater a desinformación, principalmente xogos que activan o pensamento crítico. Queremos aproveitar este foro para propoñer un desafío baseado na nosa propia experiencia.

Durante o xantar bebimos unha sidra lituana chamada TINGINIO PANTIS. Descubrimos que este nome significa "calzón do preguiceiro" e que aparece un gato negro tumbado como símbolo de preguiza. Así pois, esta sería unha sidra para preguiceiros.
Pensas que é un feito real ou unha fake news? Como o verificaches?
Comparte neste foro!
Saúdos desde Klaipeda (Lituania)