Que sabes sobre Lituania?

Que sabes sobre Lituania?

por Alma López Figueiras -
Número de respostas: 0

Ola!

Despois do primeiro día da mobilidade a Klaipeda (Lituania), queremos propoñer un quiz sobre este país. Responde as respostas que consideres correctas neste foro durante os días da mobilidade (até o 19 de abril). Publicaremos as respostas correctas o día 20, e sorteareamos un pequeno agasallo de Klaipeda entre as persoas con máis acertos.

1.- Que outro nome tivo a cidade de Klaipeda ao longo da historia?

A. Brummel

B. Kubu

C. Memel

2.- Que significa "labas"?

A. Ola

B. Adeus

C. Grazas

3.- Cal é o deporte máis popular de Lituania?

A. O baloncesto

B. O esquí

C. O fútbol

4.- Que día do ano celebran a súa independencia os lituanos?

A. 16 de febreiro

B. 11 de marzo

C. Ambas datas son correctas

5.- Que palabra din os lituanos cando tiran fotografías?

A. "bulvė"

B. "kava"

C. “sūris”

6.- Cales son as principais figuras máxicas que se poden atopar na cidade de Klaipeda?

A. Dragón, rato, gato e pantasma negra

B. Dragón, serpe, rato e pantasma negra

C. Dragón, rato, can e golfiño

7.- Que tipo de arquitectura é común no casco antigo de Klaipėda?

A. Arquitectura barroca española

B. Casas de entramado de madeira (estilo alemán)

C. Edificios modernos de vidro

8.- Onde se atopa a famosa Casa-Museo de Thomas Mann na actual Lituania?

A. Kaunas

B. Klaipeda

C. Vilna

9.- A montaña máis alta de Lituania é Aukštojas Hill. Que altitude ten?

A. 294 metros

B. 1476 metros 

C. 3231 metros

10.- O Festival da Canción de Lituania (Lietuvos dainų šventė) é un dos eventos culturais mais importantes do país. Cada canto tempo se celebra?

A. Cada ano

B. Cada dous anos 

C. Cada catro anos


Ánimo!

O equipo da mobilidade a Klaipeda😉