Comezamos a mobilidade de formación en Florencia!

Comezamos a mobilidade de formación en Florencia!

por Pino Alonso -
Número de respostas: 1

Boa tarde!

Entre os días 9 e 13 de febreiro estamos participando nunha mobilidade de formación en Europass Teacher Academy Florencia, encadrada no proxecto KA121 da Acreditación Erasmus+ 2025-2027 da EOI de Lugo. O curso trata sobre as aplicacións da intelixencia artificial na educación.

Hoxe, durante a primeira sesión, compartimos experiencias con profesorado de Portugal, Bélxica, Romanía e Polonia. Podedes ver na presentación que tedes enriba un resumo do que estamos a facer cada día. Se tedes calquera consulta ou suxestión, contactade connosco a través deste foro.

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso

En resposta a Pino Alonso

Re: Comezamos a mobilidade de formación en Florencia!

por Admin Centro -
Ola!

Vexo que estades traballando moito! Que guai que haxa xente de tantos países diferentes. Gústame que comecedes coa historia da IA e co tema dos prexuizos, xa que me parece importante entender que é e como funciona antes de xulgala.
Un saúdo,
Matría José