Saltar navegación

Rúbricas

As rúbricas de avaliación son ferramentas valiosas que ofrecen varios beneficios tanto para os docentes coma para o seu alumnado. Proporcionan criterios obxectivos e claros para a cualificación, fomentan a autoavaliación e a retroalimentación efectiva, e aforran tempo no proceso de avaliación. Ademais, melloran a comunicación ao xustificar as puntuacións de maneira máis clara e obxectiva.

Se elaboramos un recurso e queremos integrar unha rúbrica nel, o iDevice Rúbrica permítenos crealas desde cero ou partir dunha serie de modelos predeterminados. Podemos modificar nelas varios parámetros:

  • Título da rúbrica
  • Aspectos a valorar
  • Niveis de desempeño
  • Descritores
  • Peso de cada descritor
  • Tamén podemos cambiar a orde, eliminar columnas ou filas e engadir novas segundo sexa necesario.

Unha vez creada a rúbrica, poderemos aplicala para avaliar o alumnado e tamén imprimir as valoracións ou gardalas en PDF.

Se desexamos xerar unha «Lista de Control», con este iDevice simplemente podemos facer que a rúbrica teña a primeira columna co que queremos valorar e as dous seguintes con SI ó NON para determinar a consecución ou non do indicado nos ítem.

Máis información no vídeo Crear unha rúbrica en eXeLearning.

Podemos ver tres exemplos de utilización de rúbricas:

  • Unha predeterminada das que veñen precargadas en eXeLearning.
  • Unha creada "a man".
  • Unha lista de control a partir do iDevice Rúbrica.

Rúbrica de exemplo

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os demais. (4)A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os demais. (3)A metade dos membros do equipo participou activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre eles. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Só a metade das tarefas se repartiron de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Houbo unha repartición moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración ente os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas, os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade dos membros do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou as dos demais e lograron poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminouse impondo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exerceu as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exerceron ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Xanela nova

Rúbrica personalizada

Rúbrica para avaliar problemas de Física
 Nivel 1Nivel 2Nivel 3Nivel 4
Comprensión do Problema (25%)Analiza, recoñece e interpreta perfectamente os datos, identificando con certeza o que se busca e demostrando unha absoluta comprensión do problema (2,5)Analiza, recoñece e interpreta os datos, identificando con claridade o que se busca e demostrando unha alta comprensión do problema (1,875)Recoñece os datos e interpreta a relación entre os mesmos demostrando unha comprensión elemental do problema (1,25)Non recoñece os datos, as súas relacións nin o contexto do problema, mostrando pouca ou ningunha comprensión do mesmo. (0,25)
Estratexia (15%)Sempre utiliza estratexias heurísticas efectivas e eficientes construíndo modelos sinxelos coa información que achega o problema (1,5)Acostuma usar estratexias heurísticas efectivas e eficientes construíndo modelos sinxelos sen a información que achega o problema (1,125)Algunha vez usa unha estratexia heurística efectiva e eficiente, pero falta firmeza e claridade (0,75)Non usa unha estratexia heurística eficiente. Detéctase incoherencia (0,15)
Formulación razoada / Diagramas e debuxos (25%)Detalla os pasos seguidos de forma moi clara e acompáñanse de diagramas ou debuxos explícitos e moi significativos (2,5)Detalla os pasos seguidos e acompáñanse de diagramas ou debuxos explícitos e significativos (1,875)Detalla basicamente os pasos seguidos sen acompañar de diagramas ou debuxos que expliciten os seus coñecementos (1,25)Non detalla os pasos seguidos, nin acompaña de diagramas ou debuxos explicativos. Apréciase descoñecemento (0,25)
Execución Técnica / Cálculos e operacións (20%)Identifica perfectamente as fórmulas a utilizar, realiza adecuadamente os procesos matemáticos, fai cálculos correctos e ten en conta as unidades de medida (2)Identifica as fórmulas a utilizar, realiza os procesos matemáticos, fai cálculos correctos e non ten en conta as unidades de medida (1,5)Identifica as fórmulas a utilizar e comete erros leves nos cálculos matemáticos asi como nas unidades de medida (0,75)Non identifica as fórmulas a utilizar e comete bastantes erros nos cálculos matemáticos asi como nas unidades de medida. (0,2)
Solución do problema (15%)Achega correctamente a solución do problema, analiza e discute as unidades de medida e a fiabilidade do resultado. (1,5)Achega correctamente a solución do problema, analiza e discute as unidades de medida (1,125)Achega correctamente a solución do problema, pero non analiza nin discute as unidades de medida (1)Non achega a solución do problema. (0,15)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Xanela nova

Lista de control

Lista de control (Problemas de Física)
 Nivel 1Nivel 2
Comprende o problemaSI (2,5)NON (0)
Utiliza unha boa estratexia de resoluciónSI (1,5)NON (0)
Hai unha formulación razoada que inclúe debuxos e esquemasSI (2,5)NON (0)
Existe unha boa execución técnicaSI (2)NON (0)
Preséntase unha solución acertadaSI (1,5)NON (0)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Xanela nova

Feito con eXeLearning (Nova xanela)