Se nun recurso hai un conxunto de actividades onde o alumnado pode obter unha cualificación e desexamos que haxa un lugar onde se rexistren as mesmas e poida ser presentado como evidencia, podemos botar man do iDevice «Informe de progreso».
Con este iDevice, poderemos recoller as cualificacións das actividades que seleccionemos e presentalas nun informe final que poderá ser gardado coma imaxe. Simplemente haberá que introducir un identificador (un número ou unha palabra de máis de catro caracteres) tanto no informe como en cada unha das actividades que queremos recoller naquel. As actividades que hai en eXeLearning compatibles co informe de progreso son:
Actividades interactivas: Geogebra, Lista desordenada e Vídeo interactivo.
Xogos: Adiviña, Clasifica, Completa, Descobre, Adiviña, Clasifica, Completa, Descobre, Identifica, Mapa, Operacións matemáticas, Ordena, Problemas matemáticos, QuExt, Relaciona, Rosco, Selecciona, Selecciona (multimedia), Sopa de letras, Cartóns de memoria e VideoQuExt.
Máis información no vídeo iDevice Informe de progreso e no manual eXeLearning 2.9.
