Segue as pautas e recomendacións que che indicamos no apartado 1.4.2 desta guía.
5. Primeira revisión:
Comproba co teu grupo de traballo e/ou persoa coordinadora se se axusta á proposta.
Se é necesario, modifícao seguindo as achegas que che fagan.
6. Validación:
Comparte o documento para recibir propostas de mellora, de ser o caso.
Continúa o proceso seguindo as pautas que che marquen.
Se o texto, documento ou recurso escrito que adaptaches forma parte dun proxecto de elaboración de REA, ten tamén en conta as indicacións da guía de estilo e outros requisitos consensuados pola organización.