Saltar navegación

1.1. Guía de consideracións DUA en eXeLearning

Que é DUA?

O deseño universal para a aprendizaxe (DUA) ten como finalidade lograr a inclusión efectiva de todo o alumnado, con independencia da súa diversidade; asegura que o currículo sexa planificado e posto en práctica de tal forma que non supoña impedimento nin barreira para as persoas no desenvolvemento das súas competencias.

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O Deseño Universal para a Aprendizaxe foi creado polo CAST, Centro de Tecnoloxía Especial Aplicada, que o define, na versión 3.0 como: 
"Un marco para guiar o deseño de contornas e experiencias de aprendizaxe que sexan accesibles, inclusivos, equitativos e estimulantes para cada estudante." (CAST)

Ilustración das putas de deseño DUA. Na páxina existe un documento accesible en formato PDF coa mesma información.
CAST (2024). Pautas de diseño universal para el aprendizaje, versión 3.0 [organizador gráfico]. Lynnfield, MA: Autor

Acceso a un documento PDF con información sobre as pautas DUA

Recomendacións de uso

As propostas expostas queren servir de apoio e guía para incorporar o DUA nos vosos deseños. Por iso, non se debe pretender incluír neles toda a información da guía, senón elixir aquilo que mellor sirva ao alumnado para minimizar as barreiras que poida atopar.

iDevices propios de tema

Nesta guía atopas información para aplicar cada unha das consideracións do DUA mediante os recursos que ofrece o estilo cREAgal para eXeLearning.

Para cada unha delas atopas unha táboa na que a información se distribúe en tres columnas, que atenden ao tipo de iDevice ou icona coa xanela de diálogo que se pode expor cando pretendamos aplicar a consideración específica.

Deseño de múltiples medios de compromiso

PROPORCIONA OPCIÓNS PARA CAPTAR O INTERESE

Abordar sesgos, ameazas e distraccións

iDevice Icona Uso

Temporización

Temporización: poñer a disposición do alumnado un calendario coas datas de tarefas, entregas ou outros eventos de interese que minimicen a inseguridade.

Texto

Ofrece avisos e alertas que fagan que o alumnado estea preparado ante calquera cambio de rutina, novidade ou dificultade que se presente

Desta forma preséntase a información seguindo os seguintes criterios:

  • iDevice / icona en iDevice: nesta columna preséntase o nome de cada recurso, dando a posibilidade de incluílo como iDevice propio de entre os ofrecidos polo estilo cREAgal; ou ben engadilo a un iDevice mediante a incorporación dunha icona que active unha xanela de diálogo, unha edición en HTML, ou a incorporación dun botón adicional de retroalimentación.
  • Icona: preséntanse as iconas dispoñibles como suxestión para incorporalas e que acheguen pistas ao alumnado sobre a información ou tarefas que se lle van propoñer.
  • Uso: ofrécense unhas orientacións xerais sobre a forma de abordar a consideración do DUA para minimizar as posibles barreiras que poida presentar a tarefa, actividade ou exercicio exposto, ben sexa no mesmo iDevice, ou nun iDevice anterior ou posterior. Diferenciouse entre un uso alternativo ou complementario:
    • Recurso alternativo. Isto supón que cando expoñemos un recurso adicional, este preséntase como unha alternativa ao recurso principal. Por exemplo, un texto que o pasamos a audio. Ambos os elementos conteñen a mesma información, pero o alumnado debe elixir en que formato prefire acceder a ela.
    • Presentación complementaria. Isto supón que o recurso adicional se presenta como algo que complementa ao recurso principal, enriquecéndose ou achegando outra forma diferente de presentar a mesma información. Ambos nútrense entre si.

Importante

Toda a información que se proporcione nos diferentes iDevices que se vaian engadindo no transcurso de cada REA deben incorporar, de forma sistemática, elementos, por exemplo botóns, que ofrezan complementos como ficheiros de son, recursos para apoio visual e/ou lectura facilitada.

Ademais, para que as alternativas que se presentan non supoñan unha sobrecarga cognitiva para o alumnado, recoméndase ao profesorado reflexionar sobre aquelas consideracións do DUA que consideren importantes e necesarias, segundo as propias características da área, do REA e a experiencia docente acumulada para anticipar posibles barreiras de alta frecuencia que se adoitan propoñer nos deseños didácticos da área. Desta forma, as alternativas seleccionadas por cada unha das directrices, deberían ofrecerse de forma repetida ao longo do mesmo curso/área dos REA elaborados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)