Saltar navegación

Como facer unha SA en cREAgal?

Creación da situación de aprendizaxe: dinámica de traballo

O proceso de elaboración de SA no proxecto cREAgal está mentorizado e supervisado polas persoas coordinadoras dos grupos de traballo. A continuación exponse, de forma moi sucinta, información útil para comezar a deseñar as situacións de aprendizaxe nos grupos de traballo.

Punto de partida da situación de aprendizaxe

  • Para xerar a situación de aprendizaxe, traballarase sobre o documento base Esquema dunha situación de aprendizaxe: fases de xeito colaborativo no cartafol compartido en BoxAbalar.
  • O grupo de traballo desenvolverá o reto do REA seguindo as fases secuenciais deste.
  • Cando o grupo considere que as fases do reto están definidas (aínda que non estean completos os seus elementos: glosarios, actividades grupais e individuais, rúbricas...), pasaremos o REA a eXeLearning.
  • A temporización aproximada para o desenvolvemento do REA en documento compartido é de entre dúas e catro semanas. Será o grupo de traballo quen valore cando pasar o documento compartido á ferramenta eXeLearning.

Consideracións a ter presentes

O título da SA debe ser motivador e estar contextualizado ao reto proposto.

No proxecto cREAgal, cada unha das fases das situacións de aprendizaxe irán numeradas do 1 ao 5 e cun título atractivo relacionado co contido da fase.

Ademais:

  • se numerarán as fases da situación de aprendizaxe e os primeiros subniveis dependentes destas (ex. 1.1, 1.2, 1.3 /non 1.1.1, 1.1.2). Non se estenderán máis aló de dous subniveis por cada apartado. Os subniveis das fases levarán títulos motivadores e que esperten o interese.
  • Ao comezo de cada páxina, de ser preciso, incluirase un glosario dos termos usados na mesma como axuda á comprensión do alumnado. A explicación dos termos do glosario debe orientarse como exemplo de uso no contexto que foi empregado no REA, non limitándose a un exemplo do concepto en abstracto.
  • Cada fase levará actividades individuais e grupais para reforzar a aprendizaxe.
  • Nas fases da situación de aprendizaxe estará presente o diario de aprendizaxe, un portfolio individual que cubrirá o alumnado e no que tamén se inclúen reflexións grupais.
  • A temporización das fases non ten porque ser proporcional á duración total: deste xeito, algunha ou algunhas das fases poden ter unha duración, en sesións, superior ás demais.

Nomenclatura e traballo colaborativo

  • Indicarase no nome do ficheiro -coa codificación recollida no apartado 3.3 da Guía técnica- a materia, o curso, a versión do REA (01, en principio), a súa numeración (con dous díxitos) no contexto global da materia, a data de edición en formato ano_mes_día.
    • Exemplo: TED_1ESO_REA_04_V01_20240206, indica que corresponde ao 4º REA do alumnado da materia Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO, que se traballa a fase 1, e que foi actualizado o 6 de febreiro de 2024. Se hai dous ou mais cambios nun día indicaranse cun guión baixo e un número ao final (TED_1ESO_REA_04_V01_FASE 1_20240206_1, TED_1ESO_REA_04_V01_FASE 1_20240206_2...).

    É importante a participación activa de todas as persoas do grupo en todas as fases da SA nesta primeira aproximación, de forma que o bosquexo principal da SA sexa unha obra colaborativa. En posteriores fases do traballo poderemos repartir tarefas que terán un fío condutor común neste documento da SA deseñada.

    Modelo de deseño dunha situación de aprendizaxe

    Modelo en formato editable (ODT) para o deseño dunha situación de aprendizaxe no proxecto cREAgal. É importante subir este documento a unha plataforma colaborativa (BoxAbalar) para traballar en grupo no deseño de tódalas fases da situación de aprendizaxe.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)