Saltar navegación

As situacións de aprendizaxe en cREAgal

Deseño dunha SA en cREAgal

Como vimos anteriormente, o deseño dunha situación de aprendizaxe no proxecto cREAgal debe partir do currículo educativo galego, e debe estar orientado a facilitar a adquisición das correspondentes competencias clave.

No deseño é preciso ter presentes tanto os elementos curriculares que se van a traballar, como o enfoque DUA e de accesibilidade que se vai a aplicar no desenvolvemento da situación de aprendizaxe. A creatividade é un ingrediente esencial para garantir que o reto seleccionado sexa atractivo e contextualizado á realidade do alumando.

A imaxe recolle os elementos a considerar no deseño dunha situación de aprendizaxe

Unha boa práctica de deseño dunha SA para o proxecto cREAgal sería:

Imaxen de PROENS

O primeiro paso é analizar a programación modelo de Proens, que será o referente para a elaboración dos REA, e concretar as unidades didácticas que se traballarán en cada SA.

Icona que representa coñecemento

A motivación e o estímulo da imaxinación son elementos básicos nun enfoque competencial, polo que se debe deseñar unha SA con conexión co mundo real do alumnado e que poida adaptarse ao contexto da aula e do centro educativo no que se empregue.

Icona que representa un grupo heteroxéneo

O enfoque de traballo xeral na SA é de traballo en grupo con metodoloxías cooperativas e colaborativas, pero tamén haberá espazo para deseñar actividades individuais interactivas ou desconectadas.

Icona que representa unha diana

Ao finalizar a SA, débese orixinar un produto final, froito do traballo colectivo, do que o alumnado sinta orgullo, que mellorou a súas competencias clave e traballou os contidos da materia. O alumnado debe ter claros previamente os instrumentos e criterios de avaliación do proceso e produto final.

Fases da situación de aprendizaxe no proxecto cREAgal

As situacións de aprendizaxe do proxecto cREAgal teñen unha estrutura que consta de 5 fases. As principáis características de cada unha delas indícanse a continuación.

Características das fases da situación de aprendizaxe

1. Descrición da situación de aprendizaxe

Imaxe de fondo da fase 1 en cREAgal. Representa á persoa escaladora acadando un dos cumios das montañas.

  • Nesta fase proporase o reto a superar a través dun traballo colaborativo e cooperativo do alumnado. É un paso crucial desta fase, xa que a motivación do alumnado dependerá en gran medida da implicación que consigamos nesta primeira fase.
  • Describirase as partes do reto que o alumando deberá ir resolvendo.
  • Incluirá as metas (obxectivos) a acadar no reto.
  • Terá unha entrada cos primeiros pasos no diario de aprendizaxe: fase 1 .

2. Exploración de coñecementos previos

Imaxe de fondo da fase 2 en cREAgal. Representa á persoa escaladora acadando un dos cumios das montañas.

  • Nesta fase deseñaranse actividades que promovan a iniciativa do alumnado e conecten cos seus coñecementos previos.
  • Incluirá  actividades:
    • Algunha actividade grupal: actividades colaborativas que permitan activar os coñecementos previos (académicos e vivencias).
    • Individuais multinivel: actividade individual con diferentes niveis de dificultade (mínimo tres) e, polo menos, unha delas interactiva.
  • Terá unha entrada, como mínimo, no diario de aprendizaxe: fase 2.

3. Conexión

Imaxe de fondo da fase 3 en cREAgal. Representa á persoa escaladora acadando un dos cumios das montañas.
  • Nesta fase conectarase o explorado coa necesidade de aprender algo novo que será útil para o reto final.
  • Traballaranse os contidos, ferramentas e procedementos precisos para resolver de maneira efectiva o reto proposto.
  • Ofreceranse estratexias de organización e desenvolvemento para acadar o reto proposto.
  • Incluirá  actividades:
    • Algunha actividade grupal: actividades colaborativas que permitan reforzar a coñexión entre os coñecementos previos e as novas aprendizaxes.
    • Individuais multinivel: actividade individual con diferentes niveis de dificultade (mínimo tres) e, polo menos, unha delas interactiva.
  • Terá unha ou mais entradas no diario de aprendizaxe: fase 3.

4. Reto final

Imaxe de fondo da fase 4 en cREAgal. Representa á persoa escaladora acadando un dos cumios das montañas.
  • Nesta fase obterase o produto final do reto, en diferentes niveis de complexidade (enfoque multinivel), mediante un traballo grupal colaborativo.
  • Os grupos de alumnado revisarán e rematarán os retos finais de cara a presentalos, publicalos ou expoñelos na seguinte fase. 
  • Disporán dun instrumento claro de revisión e avaliación grupal do reto final (lista de cotexo, rúbrica...).
  • Terá unha ou mais entradas no diario de aprendizaxe: fase 4.

5. Conclusión

Imaxe de fondo da fase 5 en cREAgal. Representa á persoa escaladora acadando un dos cumios das montañas.
  • Terá un elemento visual ou audiovisual a modo de resumo do traballado ao longo do recurso.
  • Os grupos de alumnado presentarán, publicarán ou exporán os produtos finais, no formato decidido previamente.
  • Coavaliación dos proxectos do alumnado cunha actividade final de posta en común.
  • Autorreflexión do alumnado sobre a súa propia aprendizaxe.
  • Terá unha entrada, como mínimo, no diario de aprendizaxe: fase 5.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)