- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Escolas
- Espazo do profesorado
- Programacións
- Biblioteca
- Galerías
- Calendario
Dentro do noso proxecto anual De feira en feira, seguimos descubrindo e celebrando algunhas das feiras e festas máis importantes da nosa terra. Nesta ocasión achegámonos ao Samaín, unha das citas tradicionais máis coñecidas do outono en Galicia.
Para celebrar esta data, na BiblioteCRA gozamos dunha actividade moi especial. As profes Marta e Tamara sorprenderon ao alumnado cunha divertida obra de teatro improvisada baseada no conto Carabuñas de Ana Meilán.
A través desta representación, chea de humor e participación, fomos descubrindo a historia de Carabuñas e acompañando aos seus personaxes. Como nas mellores historias, o teatro encheu a biblioteca de imaxinación, sorpresa e moita diversión.
Unha vez máis, comprobamos que os contos, o teatro e as tradicións populares son unha combinación perfecta para seguir aprendendo e gozando xuntos na BiblioteCRA.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
