Comezamos os Martes de conto cunha actividade moi especial para celebrar o “Día das Escritoras”. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa participación da xove escritora galega Celia Veiga, autora do conto Entre Rías.
Con motivo desta data tan sinalada, a autora quixo acompañarnos dun xeito moi especial e enviounos unha mensaxe en vídeo na que nos falou do seu libro e nos animou a seguir descubrindo o pracer da lectura e das historias.
Despois, a profe Sara foi a encargada de compartir con nós o conto. Escoitamos con moita atención esta fermosa historia que nos levou a viaxar polas nosas rías e pola imaxinación, e que nos gustou moitísimo.
