Blogs en websdinámicas: Edición e publicación de artigos
O tipo de contido artigo de blog é moi semellante a un tipo de contido páxina e o xeito de traballar con el é moi parecido ao xa explicado no curso de Drupal-Usuarios dispoñible na aula virtual aberto do proxecto websdinámicas http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/
O que realmente diferencia a un blog dunha páxina non é o método para crear o contido senón a forma de traballar con él.
Os artigos dos blogs empregan etiquetado libre en lugar das categorías estándar, diferencianse do resto da web pola súa singularidade, empregan marcadores sociais, admiten comentarios dos alumnos e están pensados como un ámbito informal no que profesor e alumnos poden interactuar e compartir os seus coñecementos e experiencias.