Section outline

  • PARA ADMINISTRADORES: Cociñando os Blogs do centro

    cociñando o blog A colaboración e o bó entendemento entre os administradores da web do centro e os usuarios da mesma é imprescindible non só para o seu funcionamento senón para mantela "viva".

    A labor do administrador é a de facilitar o traballo dos compañeiros, administrando e xestionando o sitio segundo as necesidades da comunidade que colabora na web.

    Sen o esforzo do administrador os usuarios non poderían crear Blogs na web do centro, e sen o traballo dos autores dos blogs a web non disporía de espazos colaborativos e de enriquecemento cos alumnos, deixaría de ser unha páxina dinámica para convertirse nunha web "expositiva" ou estática.

    Atopar o equilibrio entre as necesidades duns e a dispoñibilidade e o esforzo doutros non é doado, mais ben é un camiño de largo percorrido que deberiamos facer xuntos.

    A clave do éxito está na ilusión e esforzo de tódolos participantes, fixarse obxectivos alcanzables, respectar o traballo alleo e ter clara a finalidade do noso traballo.


    • CONTIDOS





      aviso
      Os seguintes materiais están deseñados para profundizar na configuración e construcción dos blogs.
      Están pensados só para usuarios avanzados e administradores de Drupal