Section outline

    • BENVIDOS A TODOS E TODAS A ESTE CURSO TAN ATÍPICO. 

      SON MARTA, A MESTRA DE PEDAGOXÍA TERAPEÚTICA DA ESO.

      PODEDESME ATOPAR FÍSICAMENTE NA PRANTA BAIXA AO LADO DE AL E PT PRIMARIA. 

      NESTE APARTADO DA AULA VIRTUAL, IDES POR INTERACTUAR E PLANTEARME AS DÚBIDAS QUE PODEDES TER E EU TENTAREI AXUDARVOS NO QUE POIDA, TANTO AO ALUMNADO COMO OS MESTRES E MESTRAS DO CENTRO. 

      PODEDES CONTACTAR MEDIANTE O FORO OU MEDIANTE O CORREO m.o.varela@edu.xunta.es

      DEÍXOVOS UNHA DIRECCIÓN DUN GRUPO DE FACEBOOK CHAMADA PT DIGITAL   ONDE PODEDES TER MATERIAIS QUE VOS PODEN AXUDAR A ESTUDAR OU REPASAR CONCEPTOS.TAMÉN BUSCADE OS CURSOS O QUE POÑA MARTA. AHÍ PODEDES ACCEDER A ACTIVIDADES E MATERIAIS DE APOIO QUE VOS PODEN AXUDAR COAS DIFERENTES ASIGNATURAS. TAMÉN EXISTE UN INSTAGRAM ONDE SE PODE VER DIFERENTES MATERIAIS QUE EMPREGO NO REFORZO PEDAGÓXICO. INSTAGRAM TOURALDIGITAL21.

      PARA OS MESTRES /AS E ALUMNADO TAMÉN CONTADES CO MEU BLOG ONDE PODEDES ATOPAR MATERIAIS DE TÓDOLOS CURSOS E DIFERENTES MATERIAS QUE VOS PODEN SER ÚTILES.

      varelarta.blogspot.com 

      ESPERO QUE TEÑAMOS UN CURSO O MELLOR  POSIBLE COIDANDONOS ENTRE TODOS E TODAS. 
      UN SAÚDO 

       

    • DECÁLOGO PARA O PROFESORADO PARA COMO AXUDAR AO ALUMNADO CON DISLEXIA.

      1. Dividir en partes os exercicios ou materia.
      2. Darlle máis tempo.
      3. Proporcionarlle unha copia do tema para poder tomar notas.
      4. Empregar tamaños de fonte máis grandes e aumentar o espazo para a resposta.
      5. Combinar a información verbal e visual á vez.
      6. Axudar lendo o material de estudo e en especial nos exámenes.
      7. Evitar a corrección sistemática.
      8. Se é posible, facerlle exames orais.
      9. Non facerlle ler en voz alta en público contra a súa voluntade.
      10. Empregar instrumentos alternativos á lectura e escritura.
    • https://www.youtube.com/watch?v=bNjr9Y1k0SI

    • DECÁLOGO PARA EL PROFESORADO PARA AXUDAR AO ALUMNADO CON TDAH.

      1. Organizar o espazo da aula favorecendo a atención.
      2. Organizar o funcionamento das clases creando rutinas.
      3. Definir as normas e as consecuencias da conducta con claridade.
      4. Dar as ordes con claridade e sencillez.
      5. Apoiar as nosas explicacións orais con imaxes.
      6. Dividir a tarea.
      7. Favorecer a actividade axeitada.
      8. Supervisarlles e axudarlles a que se supervisen.
      9. Favorecer a motivación.
      10. Reforzar as conductas axeitadas apropiadas e ignorar o resto. 
    • DECÁLOGO PARA O PROFESORADO PARA AXUDAR AO ALUMNADO CON INTELIXENCIA LÍMITE.

      1. Partir das súas necesidades específicas.
      2. Ubicación na clase que favoreza a atención e a concentración.
      3. Ser tan concretos como sexa posible.
      4. Empregar frases curtas e con estructuras sintácticas simples.
      5. Apoiar as nosas explicacións con  imáxenes sempre que sexa posible.
      6. Apoiar as explicacións con esquemas.
      7. Dividir as tarefas largas en pasos.
      8. Dar práctica suficiente.
      9. Incluír o traballo en grupo.
      10. Xenerar aprendizaxe para a vida cotiá.
    • DECÁLOGO PARA O PROFESORADO PARA AXUDAR AO ALUMNADO CON ASPERGER.

      1. Recoméndase facer traballo a tres bandas: en clase, co/coa especialista, cos compañeiros/as.
      2. Distribución dos espacios da clase que faciliten a súa atención e participación.
      3. Planificación da clase que incluia traballo individual e grupal adaptado.
      4. Uso da linguaxe. Empregar unha linguaxe concreto, evitando os dobres sentidos.
      5. Motivación. Reforzar aquelas conductas apropiadas.
      6. Equilibrio. Conseguir o equilibrio entre as interaccións sociais e a súa necesidade de independencia.
      7. Temas de interese. Permitirlles incluír os seus temas de interese, cando sexa posible.
      8. Organización. Estratexias de autocontrol.
      9. Estratexias ante un examen. Adaptar espacios e modelos de examen.
      10. Supervisión. Comprensión das ordes e pautas dadas, do proceso da súa aprndizaxe e da planificación do traballo posterior á clase.
    • XESTIÓN DA AULA:

      • Mellor cerca.
      • Fomentar o uso da axenda ou calendario planificador ( nos casos nos que sexa posible).
      • Xenera oportunidades de participación na clase.

      XESTIÓN DA COMPRENSIÓN:

      • Pautas claras e concretas.
      • Escribe os puntos clave.
      • Asegúrate de que entenda a tarefa.
      • Axúdalle a relacionar  conceptos.
      • Repite o novo.
      • Insiste na práctica.

      ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA:

      • Atención e evaluación individualizada.
      • Busca os puntos fortes.

      REGULACIÓN DAS EMOCIÓNS:

      • Mostra interese.
      • Animalo a consultar as dúbidas.
      • Sempre darlle ánimos.
      • Valorar o esforzo e non só o resultado.
      • Ponte no papel do rapaz /rapaza. 

    • ESTRATEXIAS BÁSICAS PARA A INTERVENCIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO CON ASPERGER.

      1. MELLOR PRETO: coloca o estudante cerca do mestre/a e da pizarra, lonxe dos ruídos e de distraccións.
      2. FOMENTAR O EMPREGO DE AXENDAS OU CALENDARIOS: para rexistrar as tarefas e en xeral todo o traballo.
      3. DAR OPORTUNIDADES DE PARTICIPAR EN CLASE: é importante xerar oportunidades manexables para eles.
      4. PAUTAS CLARAS E CONCRETAS: ser concreto e canto ao traballo dando pautas claras e concisas que poidan entender.
      5. ESCRIBE OS PUNTOS OU PALABRAS CLAVES: na pizarra antes da explicación.
      6. ASEGURARSE DE QUE ENTENDE AS TAREFAS, porque en moitas ocasións no entederán o que se lles pide.
      7. AXUDALOS A RELACIONAR CONCEPTOS NOVOS, coa súa experiencia previa ou coa súa vida diaria.
      8. REPETIR. É convinte repetir a información nova máis dunha vez porque a súa capacidade de atención adoita estar limitada.
      9. DAR PRÁCTICA. Para dominar unha actividade poden precisar máis práctica.
      10. ATENCIÓN  E EVALUACIÓN INDIVIDUALIZADA. Tanto as tarefas como a avaliación do progreso defínese en comparación co seu nivel inicial. 
      11. BUSCAR OS PUNTOS FORTES. O sentimento de lograr o éxito leva o éxito. É importante descobrir o punto forte do alumno/a e desenrolar a súa autoestima potenciandoo.
      12. MOSTRA INTERESE. Móstralle o alumno/a interese por él ou ela e axudalo/a. Lembra que non se sinten seguros/as e as nosas reaccións van a condicionar a súa resposta.
      13. ANÍMALO A CONSULTAR A SÚAS DÚBIDAS. Faille saber que pode preguntar tódalas dúbidas ou o que non comprendan.
      14. SEMPRE DÁ ÁNIMO. Correxir de forma positiva, dando ánimos para mellorar. 
    • ESTRATEXIAS DE MELLORA DA AUTOESTIMA DO ALUMNADO CON ASPERGER.

      • Poñerse no papel do neno/a e escoita cómo se sente axudándoo a expresar as emocións e xestionar os sentimentos relacionados coa ansiedade, a ira ou a tristeza.
      • Valorar o esforzo e non só o resultado.
      • Ante unha actitude negativa non chamar ao neno/a "perezoso/a", senón facer referencia á conducta concreta que queramos correxir.
      • Axudar para que o alumnado defina unhas metas realistas para sí mesmo/a e establecendo unha cadea de pequenos éxitos que o acerquen á meta final.
    • ADAPTACIÓNS PARA O PROFESORADO CON ALUMNADO CON N.E.E.

    • PAUTAS PARA SUBIR AUTOESTIMA AO ALUMNADO.

      1. Tomalo en serio e respetalo. O alumnado imitan aos adultos significativos, darlle exemplo.


      2. Facelo sentir que sabe e que pode facer cousas. Ten que saber cos demais o creen especial de modo positivo. Ten que disfrutar do feito de ser diferente ( cos adultos disfrutan con el), facelo sentir importante no grupo,sendo un membro importante e necesario. Darlle moito apoio e preocuparse por el, "coidandoo", non desprecialo ou ridiculizarlo en público nin en privado.


      3. Propoñerlle que colabore a poñer límites e normas.


      4. Axudarlle a ter éxitos e proporcionarlle medios para que poida facer.


      5. Ensinarlle a controlar as súas emocións.


      6. As etiquetas definen o seu sentido de identidade. O recomendable é que sexan positivas.