Section outline

    • DECÁLOGO PARA O PROFESORADO PARA AXUDAR AO ALUMNADO CON ASPERGER.

      1. Recoméndase facer traballo a tres bandas: en clase, co/coa especialista, cos compañeiros/as.
      2. Distribución dos espacios da clase que faciliten a súa atención e participación.
      3. Planificación da clase que incluia traballo individual e grupal adaptado.
      4. Uso da linguaxe. Empregar unha linguaxe concreto, evitando os dobres sentidos.
      5. Motivación. Reforzar aquelas conductas apropiadas.
      6. Equilibrio. Conseguir o equilibrio entre as interaccións sociais e a súa necesidade de independencia.
      7. Temas de interese. Permitirlles incluír os seus temas de interese, cando sexa posible.
      8. Organización. Estratexias de autocontrol.
      9. Estratexias ante un examen. Adaptar espacios e modelos de examen.
      10. Supervisión. Comprensión das ordes e pautas dadas, do proceso da súa aprndizaxe e da planificación do traballo posterior á clase.
    • XESTIÓN DA AULA:

      • Mellor cerca.
      • Fomentar o uso da axenda ou calendario planificador ( nos casos nos que sexa posible).
      • Xenera oportunidades de participación na clase.

      XESTIÓN DA COMPRENSIÓN:

      • Pautas claras e concretas.
      • Escribe os puntos clave.
      • Asegúrate de que entenda a tarefa.
      • Axúdalle a relacionar  conceptos.
      • Repite o novo.
      • Insiste na práctica.

      ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA:

      • Atención e evaluación individualizada.
      • Busca os puntos fortes.

      REGULACIÓN DAS EMOCIÓNS:

      • Mostra interese.
      • Animalo a consultar as dúbidas.
      • Sempre darlle ánimos.
      • Valorar o esforzo e non só o resultado.
      • Ponte no papel do rapaz /rapaza. 

    • ESTRATEXIAS BÁSICAS PARA A INTERVENCIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO CON ASPERGER.

      1. MELLOR PRETO: coloca o estudante cerca do mestre/a e da pizarra, lonxe dos ruídos e de distraccións.
      2. FOMENTAR O EMPREGO DE AXENDAS OU CALENDARIOS: para rexistrar as tarefas e en xeral todo o traballo.
      3. DAR OPORTUNIDADES DE PARTICIPAR EN CLASE: é importante xerar oportunidades manexables para eles.
      4. PAUTAS CLARAS E CONCRETAS: ser concreto e canto ao traballo dando pautas claras e concisas que poidan entender.
      5. ESCRIBE OS PUNTOS OU PALABRAS CLAVES: na pizarra antes da explicación.
      6. ASEGURARSE DE QUE ENTENDE AS TAREFAS, porque en moitas ocasións no entederán o que se lles pide.
      7. AXUDALOS A RELACIONAR CONCEPTOS NOVOS, coa súa experiencia previa ou coa súa vida diaria.
      8. REPETIR. É convinte repetir a información nova máis dunha vez porque a súa capacidade de atención adoita estar limitada.
      9. DAR PRÁCTICA. Para dominar unha actividade poden precisar máis práctica.
      10. ATENCIÓN  E EVALUACIÓN INDIVIDUALIZADA. Tanto as tarefas como a avaliación do progreso defínese en comparación co seu nivel inicial. 
      11. BUSCAR OS PUNTOS FORTES. O sentimento de lograr o éxito leva o éxito. É importante descobrir o punto forte do alumno/a e desenrolar a súa autoestima potenciandoo.
      12. MOSTRA INTERESE. Móstralle o alumno/a interese por él ou ela e axudalo/a. Lembra que non se sinten seguros/as e as nosas reaccións van a condicionar a súa resposta.
      13. ANÍMALO A CONSULTAR A SÚAS DÚBIDAS. Faille saber que pode preguntar tódalas dúbidas ou o que non comprendan.
      14. SEMPRE DÁ ÁNIMO. Correxir de forma positiva, dando ánimos para mellorar. 
    • ESTRATEXIAS DE MELLORA DA AUTOESTIMA DO ALUMNADO CON ASPERGER.

      • Poñerse no papel do neno/a e escoita cómo se sente axudándoo a expresar as emocións e xestionar os sentimentos relacionados coa ansiedade, a ira ou a tristeza.
      • Valorar o esforzo e non só o resultado.
      • Ante unha actitude negativa non chamar ao neno/a "perezoso/a", senón facer referencia á conducta concreta que queramos correxir.
      • Axudar para que o alumnado defina unhas metas realistas para sí mesmo/a e establecendo unha cadea de pequenos éxitos que o acerquen á meta final.