Imos a movernos un pouco!
Boas castores! Estamos a metade de semana e é hora de movernos un pouco...que vos parecen uns xogos de psicomotricidade para activar o corpo? Non todo é "estudiar"...Animádevos!
Hoxe propoñémosvos dous xogos para que vistades o chándal e sudedes un pouquiño!
O primeiro é de imitación, coñecedes moitos animais verdade? Pois seguramente sabedes como se moven...así que a imitalos! Collede a tarxeta que máis vos guste, ou máis divertido, aleatoriamente, sen saber cal é...e bailade ou movédevos en función das indicacións! Recordades o baile do cangrexo que facemos na clase? os saltos de rá! Poñedevos en forma a familia ó completo!
Despois de tanto movemento estaredes cansados...asi que agora toca relax...canto botades de menos as nosas sesións de ioga e relaxación? Pois aquí tedes tamén un xogo...ben para elixir vos a postura que queirades, ben para xogar como se fora a oca, tirar o dado e...haber cal toca! Recordade que en cada postura debedes respirar un pouqiño con calma...aquí hai que buscar non facer moito esforzo :)
Cando rematedes toda a sesión, podedes ver o vídeo para saber máis e, se vos quedan ganas...seguir practicando! Seguramente pasaredelo moi ben con estas recomendacións!
https://www.youtube.com/watch?v=Dwt0qeBj85I
Agora sí que tedes máis enerxía para continuar a semana! Recordade que un día máis...pero un día menos!
ÁNIMO!
P.D: no seguinte enlace tedes todo o material no Drive como todos os que vos estamos e enviar.
https://drive.google.com/open?id=1dnSgOJRYb9HoLTNPtNvwVpG9-Y0cYp_t