A sociedade do século XIX

revolucion industrial

Importantes cambios sociais, consecuencia da Revolución Francesa e da Revolución Industrial.

A burguesía, clase traballadora formada por empresarios, industriais e comerciantes, convértese nunha clase poderosa e socialmente considerada porque:

  • é cada vez máis poderosa economicamente
  • é cada vez máis influínte politicamente

Esta nova burguesía busca evadirse do seu traballo a través da ARTE e será a que, xunto cos nobres e aristócratas, apoien a creación artística.

Por outra banda, serán os burgueses os que se preocupen de investir os seus cartos patrocinando Conservatoriosteatros e orquestras.

Política e pensamento

  • Tras varias revolucións progresan formas de goberno máis democráticas.
  • Triunfa un pensamento idealista e radical que considera  a liberdade o ben máis prezado.

O artista

 
Cambia por completo a consideración social do artista. A partir deste século pasa de ser considerado un criado a un xenio, un ser excepcional:

  • Rebelde e individualista
  • Emprega a arte para expresar os seus sentimentos e emocións.
  • Idealizado e adorado polo seu público.
  • Un ser único e irrepetible.

A música de Beethoven

Escoitando a súa música, podemos apreciar unha transición clara entre o seu estilo clásico inicial, no cal se forma grazas a mestres coma Mozart ou Haydn, e a súa nova forma de expresarse a través da música, de maneira que: 
  • Formado na tradición clásica, libera e flexibiliza as súas ríxidas normas, pero non as rompe.
  • O seu estilo clásico e equilibrado evolucionará cara a unha música intensa e apaixonada.
  • A súa música non busca somentes a beleza senón expresar as paixóns, as emocións e os sentimentos do seu autor
Última modificación: sábado, 16 de maio de 2020, 6:37 PM