Section outline

  •  

    Ola chic@s! Estiven pensando que podiades seguir coa película, pero non  atopei o enlace en youtube. Pero para entendela mellor e recordar o que estabamos a traballar, primeiro imos comezar cun conto.

    CONTO DE UN EN UN

    Nunha posta de sol, un xoven ía camiñando por unha deserta praia. A medida que avanzaba, advertiu que ía inclinándose para recoller algo que logo tiraba á auga. Unha e outra vez lanzaba esas cousas ao océano. 

    Ao aproximarse máis, o xoven observou que o home estaba recollendo estrelas de mar que a marea deixaba na praia e que, unha por unha, volvía a botar á auga.

    Intrigado, o paseante aproximouse ao home para saudalo:

    • Boa tarde, amigo. Quería preguntarlle que é o que fai.

    • Estou devolvendo estrelas de mar ao océano. Agora a marea está baixa e deixou sobre a praia estas estrelas de mar. Se non as devolvo ao mar morrerán por falta de osíxeno.

    • Xa entendo (dixo o neno) pero nesta praia debe de haber miles de estrelas de mar. Son moitísimas e isto debe pasar en todas as praias. Non se decata de que é imposible que o que fai vostede sirva para algo e sexa de verdade importante. 

    O nativo sorriu e inclinouse a recoller outra estrela de mar e, mentres volvía tirala ao mar, contestou: 

    • “Para ésta sí é importante”.

                "Sopa de pollo para el alma" de J. Canfield y M. V. Hansen 

    Contesta:

    *Que ensinanza transmite o conto? Explícao coas túas palabras.

    Para ver o traballo, sempre se queredes, podedes subilo (unha foto do que fixestes, un vídeo do xogo, o que queirades), á aula virtual ou ben podes mandalo ao meu email, msoniare@gmail.com Moito ánimo e un biquiño.