Whatsapp Web
Serve para usar o Whatsapp desde o navegador do ordenador. Se non o probastes, non sabedes o que perdedes. Funciona coordinado co whatsapp do móbil de forma que o podedes usar indistinta e simultaneamente desde o móbil e desde o ordenador. Na imaxe aparece a ligazón na que hai que entrar para instalalo no ordenador e as instrucións:
É moi útil para intercambio de arquivos que tedes no ordenador con outras persoas e mesmo para intercambio de ficheiros entre o voso móbil e o voso ordenador sen necesidade de ningunha conexión (cable ou bluetooth). Nesta ligazón explica como facer isto último enviando mensaxes un a si mesmo (Si, iso pódese facer!!): https://www.xatakamovil.com/aplicaciones/como-enviarte-mensajes-a-ti-whatsapp-sirve
Tamén é moi interesante para os que xa imos vellotes e escribimos máis rápido nun teclado físico que no teclado do móbil![]()
