Section outline
-
-
Titorial para acceder a videoconferencias con Webex empregando o PC
-
Titorial para acceder a videoconferencias por Webex empregando teléfono móbil
-
Ferramenta de videoconferencia de uso libre que precisa instalación de programa pero moi sinxela. Precisa facer conta de usuario.
-
Programa de videoconferencias ultrasinxelo. Funciona co navegador sen necesidade de instalar nada. Ao acceder á páxina (picando na ligazón) só tedes que poñer o título da reunión. Por exemplo poñer "aniversario_pepel" e despois indicar ese título a quen queirades (por correo, whatsapp, etc.) A persoa que queira unirse á reunión só terá que acceder á paxina e poñer ese mesmo título.
-
Serve para usar o Whatsapp desde o navegador do ordenador. Se non o probastes, non sabedes o que perdedes. Funciona coordinado co whatsapp do móbil de forma que o podedes usar indistinta e simultaneamente desde o móbil e desde o ordenador. Na imaxe aparece a ligazón na que hai que entrar para instalalo no ordenador e as instrucións:
É moi útil para intercambio de arquivos que tedes no ordenador con outras persoas e mesmo para intercambio de ficheiros entre o voso móbil e o voso ordenador sen necesidade de ningunha conexión (cable ou bluetooth). Nesta ligazón explica como facer isto último enviando mensaxes un a si mesmo (Si, iso pódese facer!!): https://www.xatakamovil.com/aplicaciones/como-enviarte-mensajes-a-ti-whatsapp-sirve
Tamén é moi interesante para os que xa imos vellotes e escribimos máis rápido nun teclado físico que no teclado do móbil

-