Section outline
-
-
Moi útil para entregar tarefas ao profesorado e que os arquivos teñan pouco tamaño
-
Xeralmente as fotografías que sacamos co noso móbil teñen un tamaño enorme debido á calidade das cámaras que teñen hoxe en día os teléfonos. Ademais, moitos móbiles non permiten reducir o tamaño por debaixo dun límite o que fai que teñamos fotografías que teñen 3 ou máis MB, o cal, para a maioría dos usos é esaxerado e ocupan moito espazo de almacenaxe. Fixádevos que, por exemplo, o whatsapp reduce automaticamente o tamaño das fotos que se comparten (se no móbil ocupan 3MB, ao compartilas chegan con 0.2 Mb ou menos e vense bastante ben.
Esto tamén ocorre ao enviar fotos por correo electrónico ou por outros medios, que enchemos a capacidade do noso servidor de correo moi rápido. Por exemplo, no correo corporativo da consellería, temos 400MB (Caberían en total 100 fotos de boa calidade e despois devolvería os correos entrantes por falta de espazo)
Para reducir o tamaño das fotografías existen múltiples programas, como Paint, Photoshop, Gimp,etc, pero son útiles para ir imaxe por imaxe. Se o que queremos é reducir o tamaño dun número grande de fotografías para subir á web ou enviar por correo, etc, podedes empregar o Fotosizer. É sinxelo e rápido e ten unha versión gratuíta. Na ligazón podedes acceder á páxina para descargalo.
Co tempo subirei un pequeno titorial de uso.
-