Ola a todas e a todos!
Chegou a fin do curso máis raro das nosas vidas.
Quería felicitar a aquelas persoas que semanalmente entregaron as tarefas propostas, demostrando responsabilidade, dedicación, constancia e esforzo. Estou enormemente orgullosa de vós.
As persoas que amosaron menos interese espero que polo menos invertisen o tempo en algo que merecese realmente a pena. Agardo que mudedes a actitude de cara ao próximo curso, pois empezaremos con forza!
Se tedes algunha dúbida sobre a cualificación final podedes escribirme antes do 1 de xullo.
Deséxovos un bo verán.
Unha aperta moi grande,
Irene