Foro de novas

Aviso semana 8 de xuño

Aviso semana 8 de xuño

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Bo día a todas e a todos,

Agardo que esteades ben.

Parabéns polo traballo que (moitos/as de vós) realizastes estes meses!

Como hai xente que sigue tendo tarefas por enviar, esta semana estará dirixida a que aquel alumnado que queira entregar algunha tarefa atrasada o poida facer. O prazo límite para entregar as tarefas é o venres 12 de xuño. A partir do venres 12 de xuño non se admitirán máis tarefas.

Para aquelas persoas que xa entregasen todo, ou que non queiran entregar máis tarefas, déixovos unha canle de Youtube moi divertida coa que podedes seguir aprendendo bioloxía.

https://www.youtube.com/user/AmoebaSisters

Seguimos en contacto! Se tedes calquera dúbida, xa sabedes onde atoparme, ou ben no correo electrónico ireneportas@edu.xunta.es, ou ben a través da aula virtual.

Unha aperta moi forte e moito ánimo coa fin de curso,

Irene