Bo día a todas e a todos,
Agardo que esteades ben.
Parabéns polo traballo que (moitos/as de vós) realizastes estes meses!
Como hai xente que sigue tendo tarefas por enviar, esta semana estará dirixida a que aquel alumnado que queira entregar algunha tarefa atrasada o poida facer. O prazo límite para entregar as tarefas é o venres 12 de xuño. A partir do venres 12 de xuño non se admitirán máis tarefas.
Para aquelas persoas que xa entregasen todo, ou que non queiran entregar máis tarefas, déixovos o enlace de Youtube dunha película fermosa titulada Home, en homenaxe ao Día da Terra celebrado o pasado 5 de xuño. Agardo que a disfrutedes e vos inspire.
https://www.youtube.com/watch?v=SWRHxh6XepM&t=2480s
Seguimos en contacto! Se tedes calquera dúbida, xa sabedes onde atoparme, ou ben no correo electrónico ireneportas@edu.xunta.es, ou ben a través da aula virtual.
Unha aperta moi forte e moito ánimo coa fin de curso,
Irene