Ola a todos e a todas!
Agardo que esteades ben.
Xa tedes colgadas as tarefas das próximas dúas semanas na aula virtual.
Voltamos repasar o tema 1 A BIOSFERA! A tarefa proposta é tanto para o alumnado que precisa reforzo como para o que precisa ampliación. Simplemente, cada alumno/a pode adaptar o nivel de dificultade ao seu nivel de coñecemento sobre os contidos.Tamén tedes un VISU sobre mamíferos.
Aquel alumnado que teña tarefas atrasadas que queira entregar tamén o pode facer durante estes quince días.
Parabéns polo traballo que estades a realizar!
Apertas!