Ola a todas/os!
Agardo que esteades ben. Xa tedes a tarefa desta semana colgada na aula virtual.
Esta semana propóñovos xogar a ser médicos e médicas por un día e interpretar unha analítica de sangue real.
IMPORTANTE: esta actividade entregaranse a través da TAREFA da aula virtual e non do correo electrónico.
A entrega da tarefa da semana pasada sobre O Corazón segue aberta para que ma poidades enviar aqueles alumnos/as que aínda non o fixestes. Os boletíns das primeiras semanas e a actividade de #Naturezanacasa si podedes seguir envidándomas ao meu correo electrónico.
En canto cheguen novas instrucións da Consellería de Educación informareivos con máis detalle de como se vai desenvolver a fin deste curso, mentres tanto transládovos o que se contempla neste momento. A nota final será a media das dúas avaliacións anteriores e o traballo realizado durante o terceiro trimestre poderá subir a nota final.
Unha aperta enome, coidádevos moito.