Section outline
-

DALLE O PLAYPropoñémosvos unha actividade moi divertida na que teredes que crear unha pequena gravación de vídeo. Nela nos mostraredes brevemente algunha cousa que vos encanta facer e que se vos da xenial ou algo que aprendíchedes a facer recentemente, como pode ser cociñar, cantar, bailar, debuxar, dramatizar, experimentar, etc… todo aquilo que se vos ocorra, o importante é que sexa unha actividade coa que desfrutedes un montón, así os vosos amigos e amigas coñeceranvos un pouquiño máis e aprenderedes todos xuntos.
Iso si, non vos esquezades de explicar un pouquiño o voso vídeo.
ÁNIMO YOUTUBERS