Section outline

  • Como nos contan en "Sueños del Gatipedro", María Fumaça naceu do amor e a loia por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálise cerebral. O que xurdiu como regalo de Nadal para o pequeno Ruí de man da súa madriña, a cantante galega Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, converteuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.

    Na escola algunhas das nosas cancións preferidas son deste fantástico grupo. Unha delas é "Eu teño alguén no meu corazón", por iso cando vimos unha proposta con esta canción pensamos en compartila con vós.

    Preme na imaxe ou na ligazón para escoitar a canción.

    https://youtu.be/HiHDRCyV5Es

    Se xa escoitaches e bailaches coa canción, que che parece se agora pensamos en como te gustaría facer un corazón? Ten que ser un corazón no que podas meter aquelas persoas, que queres, incluídas aquelas que non podes ver nestes días de ficar na casa. 

    Para o corazón podes empregar calquera técnica e material que teñas na casa, pinturas, témperas, acuarelas, cartón, follas, ramas, pedras...

    Seguro que cando o remates e llo ensines aos teus seres queridos quedan abraiados!