Section outline
-
-
Este vídeo ten oracións que aparecen en películas de Disney, nesas oracións aparece o verbo “TO BE” (AM /IS /ARE) en azul, no texto. Escoita varias veces o vídeo e escribe na libreta solo as oracións nas que aparece o verbo “TO BE”. Pon un título ao exercicio, despois escribes a oración e ao lado escribes o título da película e o ano no que se fixo, que aparecen tamén no vídeo. Tes que ir parando o vídeo, claro. Non traduzas o título ao castelán , déixao en inglés. Recorda que as oracións rematan cando hai un punto.
Example: 1. “Timón this is Nala” – “The Lion King” (1994)
2. “I’m sixteen years old” – “ The Little Mermaid” (1989)
e así fas con todas.
Sé ordenad@, numera as oracións e escribe con boa letra.
-
Ola, a todos e todas en 4º de Primaria. Hoxe tedes un vídeo cunha canción de exercicio. Primeiro fan a actividade física lento (SLOW) e despois rápido (FAST).
As oracións están en “presente continuo” porque están falando no momento de facer a actividade. Así vedes que a acción, é dicir, o verbo principal da oración, está con “-ING”.
Esta canción vainos servir para traballar co dicionario que tedes ao principio do tema. Eu douvos a letra da canción cuns verbos suliñados, a eses verbos quitádelles “-ING” e despois buscádelos no dicionario. NOTA: No dicionario podedes cambiar de español a inglés, e de inglés a español.
Copiade os verbos na libreta nunha lista, e poñede o significado ao lado. Iso chámase “traducir”.
Entendedes agora mellor o que di? Ben, se non atopades as palabras no dicionario, non quero que vos preocupedes, practicade a canción escoitando o vídeo e xa está.
-
Aquí tes a letra da canción e os verbos que tes que buscar no dicionario, suliñados. Telos que buscar quitándolles "-ING".
-
Ola, a todos e todas. Hoxe temos unha historieta que ver no vídeo. Parécenme uns debuxos moi bonitos e unha historia moi sinxela. Se vos fixades sempre se repiten varias oracións:
-We’re late: Chegamos tarde
- It’s early: É cedo
- What’s the harry?: Que présa (apuramento) hai?
Hoxe, despois de escoitar o vídeo varias veces, quero que fagades un debuxo sobre a historia que acabades de ver. Poñédelle un título. Teñen que estar todos os personaxes. Ten que ocupar toda unha folla. Poñede o nome aos animais, en inglés, claro. Facédeo bonito e dálle color, se podes.
