Section outline

  • Neste tema imos traballar o "WEATHER" (o tempo climático, non o das horas). É mooi doado. Terás que aprender cómo se pregunta que tempo vai, o vocabulario, e repasar o verbo "TO BE". 

    • 1. Segue as instrucións da ficha que che dou a continuación.

    • A continuación do último que fixeches, na libreta,  fai debuxos iguais ou parecidos ás palabras que vas atopar na ficha que tes a continuación (nen moi grandes, nen moi pequenos. Que che caiban 6, máis ou menos en cada páxina. RECORDA: SÉ ORDENAD@. FAI AS COUSAS BONITAS.

    • Escoita varias veces esta canción. Haberá algunhas palabras que non entendas, pero non importa.

    • Agora terás que descargar a ficha que che envío (se non che aparece, búscala na carpeta "DESCARGAS"). Ten a letra da canción (LYRICS) pero con espazos en blanco. Unha vez que teñas descargada a ficha, cubre os  espazos en blanco, éncheos coas palabras correctas que escoitas no video. Debes escoitar o video ao mesmo tempo (será máis doado). NOTA: SERÁ MOI FÁCIL SE XA TES ESTUDADO O VOCABULARIO. 

    • Mira este vídeo varias veces e trata de repetir as palabras que coñezas que hai nel. Copia na libreta o texto.

      Para  ver os subtítulos, tedes que facer "clic" na rodiña que hai no video, abaixo á dereita e ir a subtitulos. Poñédeo en inglés, claro!

      Podedes escribir o texto na libreta. NOTA: sede ordenados.

    • Aquí tes dúas páxinas interactivas. Fai a primeira e despois copias a pregunta e resposta na libreta. Sé ordenad@. Se queres, tamén podes facer a segunda. Se pasas o rato polo número podes escoitar unha palabra sobre a roupa. Podes abrir nunha páxina nova o "LINGUEE" para buscar a palabra.
    • Neste enlace tedes máis exercicios por se queredes seguir practicando.