- Inicio
- O centro / Info xeral
- Grupos de interese
- I+D+Innovación
- Emprende VPA
- Programas internacionais
- Emprego
- Calendario
INNOVATECH FP:
- Dende a súa primeira convocatoria (2023-24) o CIFP Valentín Paz Andrade participa activamente.
- 2023-24 - 6 equipos participaron, 2 seleccionados. Os dous premiados finalmente á mellor solución dos retos respectivos, e un deles ao mellor absoluto de todos os finalistas
- 2024-25 - 8 equipos participaron, 4 seleccionados. 2 equipos gañadores, un deles ademais tamén como premio especial ao mellor reto. MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ.
PROXECTO SHOREWINNER:
- Comunidade de práctica en enerxías renovables mariñas. Máis información.
AULAS TECNOLÓXICAS:
- O centro dispón dunha Aula Tecnolóxica Xenio 4.0, especializada en Enerxía e Auga, onde poder obter o máximo beneficio da actividade do profesorado e na formación do alumnado, centralizando neste espazo, e á vez compartindo, experiencias e investigación na especialidade. Esta aula está no departamento de ENERXÍA E AUGA.
- A segunda Aula Tecnolóxica especializada do CIFP VPA é a Aula de tecnoloxía aplicada de ELECTROMOBILIDADE. Un espazo innovador no que ferramentas dixitais, equipos audiovisuais e entornas virtuais de simulación esperten o interese do alumnado e faciliten o proceso ensino-aprendizaxe. Un taller preparado para que a realización de proxectos educativos e no que a experimentación por parte dos propios alumnos forme parte dun proceso de aprendizaxe máis activo e significativo. Esta aula está no departamento de TRANSPORTES E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS.

- A terceira Aula Tecnolóxica especializada do CIFP VPA é a Aula de ROBÓTICA. Un espazo dotado cos avances tecnolóxicos adecuados á formación que se precisa para desenvolverse con competencia nas novas técnicas reais que se están utilizando nas empresas do sector. Esta aula está no departamento de FABRICACIÓN MECÁNICA.
Aulas solicitada aactualmente:
- Aula Tecnolóxica "Deseño avanzado". Departamento de FABRICACIÓN MECÁNICA.
- Aula Tecnolóxica "Espazo de soladura de últiima xeración". Departamento de FABRICACIÓN MECÁNICA.
- Aula CNC. Departamento de MADEIRA, MOBLE E CORTIZA.
DIXITALIZACIÓN E INNOVACIÓN METODOLÓXICA
O Centro actualízase en recursos necesarios para formar ao alumnado e ofrecer competitividade ás empresas nunhas contornas cada vez máis dixitalizadas. Así mesmo o profesorado utilizada progresivamente metodoloxías innovadoras e recursos didácticos dixitais que melloran o rendemento do ensino-aprendizaxe e favorecen a adaptación do alumnado ás necesidades actuais.
Polo tanto dispoñemos de recursos materiais como simuladores e adestradores virtuais de última xeración, monitores interactivos, gafas 3D, Equipos de impresoras 3D, maquetas interactivas, etc.
O CIFP Valentín Paz Andrade forma parte da Rede Galega de Educación Dixital.
O Plan Dixital do CIFP marca e supervisa a actividade cara á mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado.
Documento (23-24)
No seu Plan de acción dixital, entre outros obxectivos, o centro proxecta situarse como Polo Creativo, para fomentar competencias dixitais e científico-tecnolóxicas, e tamén artísticas do conxunto da cidadanía, enfocando a unha aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria.