• Inicio
  • O centro / Info xeral
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Documentos
  • Grupos de interese
    • ALUMNADO DO CENTRO
    • FUTUROS ESTUDANTES
    • EMPRESAS
    • PROFESORADO
  • I+D+Innovación
    • Proxectos de innovación
    • Investigación e desenvolvemento dixital
    • Difusión da actividade
  • Emprende VPA
  • Programas internacionais
  • Emprego
  • Calendario

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro / Info xeral
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Datos de contacto
    • Organigrama
    • Documentos
  • Grupos de interese
    • ALUMNADO DO CENTRO
    • FUTUROS ESTUDANTES
    • EMPRESAS
    • PROFESORADO
  • I+D+Innovación
    • Proxectos de innovación
    • Investigación e desenvolvemento dixital
    • Difusión da actividade
  • Emprende VPA
  • Programas internacionais
  • Emprego
  • Calendario

Miga de pan

  • Inicio
  • EMPRENDE VPA

EMPRENDE VPA


  • Contacto
  • Buzón (queixas e suxestións)

 

 

A Coordinación de Emprendemento do Cifp Valentín Paz Andrade considera como unha parte fundamental do desenvolvemento formativo e persoal do alumnado a achega ao emprendemento e as vantaxes que oferta.

O CIFP Valentín Paz Andrade conta cun espazo dotado de servizos e mobiliario apropiado para o impulso da creatividade, a iniciativa e o traballo en equipo por parte do noso alumnado, así coma de habilidades emprendedoras.

 

Neste contexto créase EmprendeVPA, desenvolvendo iniciativas coma as que se mostran a continuación:

 

 

 Accións de Emprendemento 

 

A Coordinación de Emprendemento nace co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar estudos e facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral desde a perspectiva de persoas traballadoras por conta propia.

 

Ao longo do curso, impleméntanse diversas accións que cumpren coa citada finalidade:

> Organizar e desenvolver obradoiros para o alumnado e profesorado do centro de cara a sensibilizar sobre o emprendemento social,  cooperativo e sustentable, consolidar as soft skills ou habilidades brandas persoais, sociais e profesionais e desenvolver a súa competencia dixital.

> Crear un espazo físico que incentive a creatividade, a innovación, o traballo en equipo, a comunicación, e sexa punto de encontro, de traballo e de sinerxía.

> Crear unha rede colaborativa entre centros educativos, institucións, empresas e organizacións.

05.png

> Organizar e desenvolver charlas de expertos e mesas redondas para mostrar a realidade empresarial e establecer espazos de pensamento crítico.

> Xerar experiencias iniciais e reais de emprendemento no alumnado.

> Organizar e participar en feiras e actos relacionados co emprendemento.

> Participar en convocatorias de premios relacionados co emprendemento e startup.

> Impulso e visibilidade do emprendemento feminino, a través de proxectos e charlas con mulleres empresarias e exalumnas do centro que establecen referentes na nosa sociedade e nas familias profesionais con presencia no centro educativo.

> Ampliar o ecosistema emprendedor con semilleiros e viveiros de empresas onde os proxectos nacidos poidan prosperar. 

 

 

 

  

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

08.png07.png

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

    

 

 Espazo de creatividade e traballo en equipo 

 

En emprendemento contamos cun espazo no que o alumnado pode reunirse para desenvolver os seus proxectos de empresa, facer reunións, practicar Elevator Pitch  e traballar en equipo, con asesoramento docente e manuais específicos á súa disposición.

10.png11.png 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Innovatech-FP 

 

15.png

O programa Innovatech-FP vai dirixido a alumnado con inquedanzas que mostra iniciativa e busca solucións a un reto dos múltiples prantexados polas mellores entidades do tecido empresarial galego.

Establécense equipos mixtos e multidisciplinares de catro alumnos/as e persoal docente coordinador. A superación de varias fases aporta incentivos tanto para o alumnado coma para o profesorado, ademáis da protección e posibilidade de explotación da innovación proposta.

 

O noso centro foi referente na súa primeira edición obtendo dous primeiros premios e un galardón especial. A participación incrementouse exponencialmente en edición posterior, sendo un dos programas con máis repercusión curricular dos coordinados dende a área de emprendemento. 

 

 

 

 

 Concursos EMPRENDE VPA e feira de empresas simuladas 

 

20.png21.png

Desde emprendemento organízanse concursos coa finalidade premiar as mellores ideas e fomentar o pensamento emprendedor. Se valora a iniciativa, a creatividade, a innovación, a comunicación e, en definitiva, a pequena participación do alumnado en retos diarios que activan o emprendemento xeral e corporativo.

 

Realízanse tamén exposicións dos proxectos de empresa en expositores situados nos corredores e hall do centro educativo para que toda a comunidade poida valorar o traballo realizado polos equipos das distintas familias profesionais. 

 

 

 

 

  

 Viveiro de Empresas 

22.png

 

O Viveiro de Empresas do Cifp Valentín Paz Andrade é un espazo para a posta en marcha de proxectos empresariais recibindo apoio e asesoramento por parte do profesorado titor e da coordinación de emprendemento. Dispón de oficina, espazo para reunións, equipamento informático e tódolos servizos necesarios para desenvolver a iniciativa emprendedora daquel alumnado matriculado ou que finalizara os seus estudos nos últimos catro anos.

O Viveiro de Empresas supón tamén un canal para fomentar a relación con empresas, administracións e outras institucións, facilitando o coñecemento de experiencias empresariais que abran camiño no mercado laboral.

 

 

 

  

 Actuacións do Programa EduEmprende 

 

25.png

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia “Eduemprende” parte do obxectivo principal de promoción da cultura do emprendemento entre o alumnado, proporcionando ferramentas que permitan avanzar neste sentido.

 

Deste xeito, propóñense unha serie de programas de carácter práctico adaptados a cada nivel educativo cos que se involucra a alumnado e profesorado das distintas ensinanzas para impulsar iniciativas de descubrimento da cultura emprendedora. O Cifp Valentín Paz Andrade participa en programas como ACTÚA, EDUINDUSTRIA, SEGURAMENTE, EDUTECEMPRENDE, FINANZAS PARA MORTAIS e PREPÁRATE PARA O SALTO. Con estes programas, desenvólvense visitas a empresas e centros tecnolóxicos, formacións, concursos de ideas e relatorios.

26.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


* Sigue as novas de "EmprendementoVPA" en Instagran!!

 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CIFP Valentín Paz Andrade