Microsoft Designer: crear e editar con IA
Requisitos do completado
CREAR CON IA
- Crear unha imaxe, por exemplo para ilustrar o ciclo da auga ou a imaxe dun barco nunha tempestade con estilo impresionista.
- Crear unha icona para unha aplicacion de recetas saudábeis, para unha presentación sobre enerxías renovábeis ou para unha tenda de roupa vintage.
- Crear un avatar: por exemplo, un avatar para explicar as ecuacións de primeiro grao en matemáticas, unha célula para falar de bioloxía, un avatar que represente un persoeiro histórico para explicar a Grecia antiga.
- Crear un fondo para un laboratorio científico con microscopios, tubos de ensaio e outros obxectos, para facer un traballo de ciencias naturais.
- Crear un monograma para o teu nome editando algunha das ideas que Microsoft Designer nos ofrece.
- Un banner para a nosa páxina web, ou para o encabezamento dun traballo que temos que presentar.
- Crear un collage proporcionándolle nós as fotos, por exemplo, un collage sobre o ecosistema mariño con fotos sobre animais, plantas e paisaxes. Ou un collage para representar a época medieval con castelos, armas, texto antiguos. Collage sobre inventos que cambiaron o mundo: teléfono, avión, internet, imprenta.
- Outras opcións que nos ofrece Microsoft Designer son: crear emojis, publicacións en redes sociais, carteis (moi útil para crear portadas de traballos), etc.
EDITAR CON IA
- Quitafondos
- Borrar certos elementos dunha imaxe
- Aumentala calidade dunha foto
- Enmarcar fotografías
- Opcións varias de edición sobre unha imaxe: recortar, xirar, axustes, mellorala, darlle cor, aplicarlle filtros, poñerlle texto, insertar novos elementos nela, etc
Prema na ligazón Microsoft Designer: crear e editar con IA para abrir o recurso.