Esta barra de ferramentas aparécenos  no momento que seleccionemos unha determinada imaxe, e as opcións dispoñibles son:
  • Editar, esta opción permítenos facer unha gran cantidade de edicións con ferramentas IA. 
    • Seleccionar unha área concreta: todo, cun clic, pincel, o fondo, os textos...  e logo a ese elemento seleccionado editalo:
      • Axustes de blancos, iluminación, cor, textura... e se é un texto pois a fonte, cor, etc...
      • Filtros: natural, warm, cool, vivid....
      • Efectos: sombras, autofoco, desenfoque, duotono, retoque facial
      • Apps: Aplicacións con IA para traballar sobre imaxes, comentamos algunhas (máis adiante veremos moitas outras apps):
        • Image Upscaler --> aumentamos o tamaño da imaxe sen perder resolución
        • Sketchify --> convirte a imaxe a boceto
        • Paintify --< convirte a imaxe nun cadro co aspecto que lle digamos, por exemplo,  aplicar efecto tipo óleo en tonos vermellos, ou estilo acuarela. Dá 4 créditos que se renovan diariamente.
        • Pixel Enhancer --> é unha app de Canva deseñada para mellorar automáticamente a calidade da imaxe, especialmente cando está borrosa, pixelada ou con pouco nitidez. Forma parte do conxunto de ferramentas de mellora baseadas en IA (Image Enhancer e Upscaler)
    • Estudio mágico: aquí temos opcións de Quitafondos, Generafondos, Borrador mágico, Captura mágica, Captura de texto, De imagen a vídeo, Edición Mágica, Expansión mágica,  
  • Quitafondos: elimina o fondo da imaxe deixando só o obxecto principal
  • Borrador, permite borrar manualmente partes da imaxe ou usar o borrador máxico para eliminar elementos coma arrugas, obxectos ou imperfeccións. Por ex. eliminar unha persoa que non quere saír na imaxe
  • Color, editar as cores da imaxe
  • Trazo, editar a liña/borde da imaxe, tal coma o tipo de liña, grosor, cor...
  • Curva, redondea as esquinas da imaxe
  • Recortar, axustamos o tamaño recortando a imaxe
  • Girar, rota a imaxe
  • Transparente, axusta a opacidade da imaxe para integrala mellor no fondo ou superpoñela, unha imaxe detrás dun texto por exemplo.
  • Animar, permite aplicar efectos de animación á imaxe seleccionada
  • Posición, cambiar a imaxe por capas
  • Copiar o estilo desta imaxe a outras

Última modificación: sábado, 21 de febreiro de 2026, 1:37 PM