• Diseño: esta opción permítenos diseñar un fondo personalizado para os nosos traballos ou ben traballar cunha plantilla das que trae Canva predefinida, establecer a composición da presentación ou traballar cos estilos que existan nunha das marcas que nós teñamos definidas (según se comentou ao principio do curso)


    • Describir nós o deseño desexado, a través dun prompt escrito, unha descrición oral ou subindo unha imaxe. Se clicamos logo na "frecha" danos o resultado da búsqueda que fai dentro da súa galería, se clicamos en "Generar un diseño" créanos un deseño con IA


    • En "Composiciones" amósanos diferentes distribucións do deseño que nos ofrece, por exemplo, colocación dunha imaxe no lado dereito ou esquerdo, unha gráfica, un texto en títulos, etc


    • En "Estilos" podemos xogar cos kits de marcas que definen as cores, fontes, combinacións, etc. e incluso editalos.


Última modificación: sábado, 21 de febreiro de 2026, 1:37 PM