Acceda a través de FProfe > Xestión Actividades > Código da actividade > Xestión diaria

Unha vez tivo lugar a sesión, cómpre formalizar o rexistro de asistencia e tomar nota do traballo realizado. As actas permiten levar un control do feito entre as diferentes sesións e son parte da xustificación do PFPP, polo que deben cubrirse con rigorosidade. Con todo, resulta moito máis sinxelo do que parece:


Paso a paso

      1. Acceda á zona de xestión da súa actividade.
      2. Diríxiase á lapela Xestión diaria e, a continuación, Calendario.
      3. Na listaxe inferior busque a sesión correspondente e prema en Modificar.
      4. Prema no botón Engadir datos para a acta de reunión.
      5. Complete os apartados da acta con información concisa e relevante.
        Máis información
        • Observacións
          Unha breve frase, a modo de asunto, que describa o propósito principal da reunión.
        • Orde do día
          Índice de temas a abordar na reunión.
        • Temas tratados
          Breve descrición dos contidos desenvolvidos durante a sesión.
        • Acordos e compromisos
          Relación de accións e responsables do traballo que se desenvolverá ata a vindeira sesión.
        • Propostas para a próxima xuntanza
          Avance de temas que poden ser de interese abordar na seguinte reunión coma orde do día.
      6. Prema no botón Gravar.
      7. Na listaxe inferior busque a sesión correspondente e prema en Xerar acta
        Máis información
        Estas actas deben ser asinadas pola persoa que exerza a coordinación da actividade (grupo de traballo ou seminario) e arquivadas no centro para a súa posible consulta.

        ⚠️
        Por favor, non confunda esta función co botón Xerar acta final
        Este empregarase á conclusión do PFPP para emitir as certificacións.