Pedinlle ao chatGPT que me fixera un cuestionario sobre o tema "Evolución" en formato GIFT empregando o prompt de David (modificado), para poder exportalo á miña aula virtual. EN segundo lugar entregueille os apuntamentos e pedinlle que mo refixera con eles. Despois lle din o fío dun vídeo sobre neodarwinismo e pedinlle que engadise preguntas a partir del. Cando xa estaba satisfeita, copiei o GIFT a un block de notas e importeino ó banco de preguntas da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºBACH. Deixo aquí o fío da conversa en chatGPT https://chatgpt.com/share/69f4fb5e-65b4-83eb-8259-cca5d250b4a2
Adxunto o documento txt coas preguntas en formato GIFT